Proxecto ARCO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

blogue deVtornavacas

Día Bibliotecas Escolares 2019

Este 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, entregamos as mochilas viaxeiras a cada titoría e desvelamos o Proxecto Documental Integra

Educando no Monte 2019

O pasado martes fixemos unha plantación simbólica no bosque do colexio organizada pola Mancomunidade de Montes na que contamos coa axuda do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Xuntos lembramos os incendios que causaron tantos estragos hai dous anos e coincidimos en que, xuntos, podemos recuperar a nosa contorna.

"Manolo" e "Maruxa", castiñeiro e nogueira respectivamente, foron os nomes propostos por Eduardo de 5º para bautizar a estas dúas árbores que xa forman parte do noso patio e que coidaremos con mimo de agora en adiante.

Na Sobreria seguimos...PENSANDO EN VERDE!!!!

Clica AQUÍ para ver máis fotos

Don Preguntón 2019

Derradeira pista para adiviñar o tema do cole deste curso !! 

Don Preguntón 2.019

Derradeira pista para adiviñar o tema do cole deste curso !! 

Achégate a Don Preguntón e se queres escribe nun post-it da corticeira da biblioteca cal pensas que será o Proxecto deste curso.

Saberémolo o Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) RisaRisa 

Árbores da Sobreira

Os detectives de 2º EP convídanvos a dar un paseo polas árbores do cole escaneando os códigos QR 

Sing For The Climate - PDI 2018/19 Pensa en Verde

 Presentámosvos: “Sing For The Climate”!!!

Este video é produto das áreas de plurilingüísmo no proxecto do cole deste curso, “Pensa en Verde”. Decidimos preparar unha canción sobre a importancia de tomar acción para o cambio no mundo e salvar ao noso Planeta.

As nenas e nenos somos o futuro, un cambio de mentalidade é imprescindible para solucionar este grave problema.

- esperar polo video, ou

- descargar aquí ( 78 Mb)

Recomendacións verán 2019

Resultado de imaxes para monica carretero dibujoRecomendacións de contos, poesía, banda deseñada e música para este verán 2019.

Pensa en Verde!!! 

 

Seleccionados polas nosas actividades de Voluntariado Lector!!!

Este luns 3 de xuño o alumnado voluntario de 6º de educación primaria recibiu o seu premio: un obradoiro de radio!!!!

Moitísimas grazas!!!

Os voluntarios "Leotecarios" de 5º e 6º de educación primaria

da Sobreira, premiados cun obradoiro no cole!!

 Resultamos seleccionados, polas nosas actividades durante este curso!. Participaron un total de 82 centros, dos que se seleccionaron 10 pola calidade e variedade nas actividades neste ámbito. 

Moitas grazas.

Visita de María Canosa

Este martes, 21 de maio, tivemos a visita da escritora María Canosa. Galardoada polo seu libro "Muriel" e autora dos libros que estamos a ler este curso na sesión de lectura nas aulas de Primaria (O Día que Choveu do Revés, Rubicundo, Cazadora de Estrelas e Muriel).

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Todo o alumnado gozou dunha amena charla na que María respostou ás súas preguntas.

Fixémoslle entrega dun dos paneis que preparamos entre todo o alumnado para preparar a súa visita e ela agasallounos con gratitude e a sinceridade e frescura das súas vivencias.

Moitas grazas, por transmitirnos o teu amor polas historias.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Cos pés na terra

Na aula de 3ºEP estamos a aprender sobre as plantas aromáticas e plantas foráneas “curiosas” polas súas características

Ollade ben esta "pata de elefante" e esta "orella de elefante"!!RisaRisa

 

Enerxías renovables

Os alumnos e alumnas de 6ºA "Pensando en Verde" estivemos a investigar sobre as enerxías renovables.

Día do Libro e Dereitos de Autor 2019

 O martes 23 reunímonos todo o cole no salón de actos. As mestras do equipo da biblio, e “voluntarios leotecarios” explicaron a conmemoración do 23/04. O alumnado de 6ºEI leron pasaxes simplificados do Quixote en formato de noticia, coma que foxen xornalistas. 

Falamos da importancia dos dereitos de autor presentando o libro "Los Cuentos de Memi" do proxecto “Inclusión” da asociación Igual-Arte, no que participou o cole.

Para despedirnos agasallamos un punto de lectura polo “Día do Libro 2019”

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Semana da Prensa - II Concurso de Breves

Durante estes días estamos a traballar con xornais.

Padriños/madriñas e afillados compartiron lecturas de xornais e revistas.

E inspirados polo libro "Contos por Palabras" de Agustín Fernández Paz organizamos o II Concurso de Relatos Breves a partir dun anuncio breve recortado dun xornal.

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Agasallamos aos gañadores cun "kit de xornalista": libretiña con boli e marcadores adhesivos de etiquetas variadas, para que non se lles escape nada!!!GuiñoGuiño

Voluntariado Lector 5ºEP 2018-19

 "Contacontos por un Día” 

polo alumnado voluntario de 5º de Primaria.

 

 As alumnas e alumnos de educación infantil agardan impacientes polos voluntarios lectores mentres van completando o seu “Pasaporte de Lecturas” cos selos que gañan en cada contacontos ao que asisten.