Proxecto ARCO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

Quiosco da Emigración

Con Vigo na maleta

un quiosco montamos

e a moitos nenos axudamos!!!

 

 

A asistenta social do CVC de Valadares recolleu os alimentos que mercamos.

Graffitis e Museo do Mar 1º e 2º

O alumnado de 1º e 2º tiveron unha saída para ver os Graffitis en Bouzas e visitar o Museo do Mar.

Taller de música electrónica

 Neste obradoiro producimos sons electrónicos con materiais de refugallo.

Practicando con recursos artísticos e científicos experimentamos coa frecuencia, vibración, ritmos...

Ata compoñer as nosas creacións musicais!!

(escoitade no video)

ENGLISH FESTIVAL 2017

Luns 12 para os compañeiros e o mércores 14 para as familias!

Visita do Alcalde á nosa Semana Cultural

O alcalde, Abel Caballero, visitou a nosa "semana cultural"

Neste curso 16/17 o tema común do cole foi

“Con Vigo na Maleta” para investigar sobre a emigración.

 

 

Así foi que investigamos sobre persoeiros relevantes da nosa cidade e a súa pegada ao retornar con proxectos para toda a comunidade.

Toda esta información transformámola en traballos de distintos formatos que están expostos no cole.

4ª Acampada na Sobreira

Resultado de imagen de acampada niños

 Acampada o venres 9 de Xuño

a partir das 18:00h 

  Tarde de xogos e Acampada de Convivencia proxectada para o Venres 9 de Xuño no recinto escolar!!!.

Últimos días en EI - xeración 2014-17

Son os últimos días de xogar no patio de educación infantil.

Esta xeración xa chega á súa graduación!!

Día Mundial do Medio Ambiente plantando sobreiras

Resultado de imagen de dia medioambiente

Hoxe conmemoramos esta data "Día Mundial do Medio Ambiente" plantando dúas sobreiras (alcornoque).

Estas árbores ficarán no cole para encher o sitio da árbore que perdimos na última tormenta. 

Quen sabe que bonitos debuxos e traballos colgarán algún día en taboleiros feitos coa súa cortiza!!!

 

Villa romana de Toralla e Museo do Mar

Visitamos a villa romana de Toralla e estivemos moi atentos ás explicacións dos arqueólogosQuedamos fascinados coa nosa Historia!!!

 

 

Despois, no museo do mar, fixemos unha preciosa "inmersión" na nosa Ría.

Festival Extraescolares 2017, venres 2 de xuño ás 17h

O vindeiro Venres 2 de xuño a partir das 17 h. convidámosvos a todos a vir o colexio para aFesta das Actividades extraescolares, onde  veremos as exhibicións de Taekwondo, Baile Moderno, Patinaxe, Intelixencia emocional e Ximnasia Acrobática.

 Ademáis durante toda a tarde os pais dos nenos da excursión de 5º e 6º, montarán un bar para recadar diñeiro para a viaxe. Animádevos a colaborar con eles.

Tamén recordarvos que o último día de actividades extraescolares é o mércores 31 de maio, excepto piscina que é o luns 12 de xuño.

Aprendendo no camión de bombeiros

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoEsta mañá tivemos un profe moi especial!! Achegouse á Sobreira un bombeiro para explicarnos o seu traballo e amosarnos todas as ferramentas que teñen de axuda na súa labor.

Fina Casalderrey visita a Sobreira

Compartimos un tempo coa escritora Fina Casalderrey!!SorrisoRisaRisa.

Este curso 2016/17 todo o alumnado de Educación Primaria e de 6º de Educación Infantil estivo a ler libros dela nas sesións de lectura de cada mañá.

 

E ti que farías

por min?

O meu avó é unha

gata

Quen me

quere adoptar?

Chamizo

Dúas bágoas

por máquina

A lagoa das

nenas mudas

Resultado de imagen de e ti que farias por min? Resultado de imagen de o meu avó é unha gata Resultado de imagen de quen me quere adoptar? Resultado de imagen de chamizo fina Resultado de imagen de dúas bágoas por Máquina Resultado de imagen de a lagoa das nenas mudas
5 anos 5º e 6º

Día das Letras - ♪ ♩ música de romería ♫ ♩

Moitas grazas a Enrique, Luís e Leni Pérez,

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

que nos achegaron o seu bo facer con cantos e instrumentos tradicionais na particular "romaría" que organizamos no cole. 

EDLG (Equipo mestras Dinamización da Lingua Galega)

Voluntariado Lector 2017

O alumnado de 6º de EP

 tivo unha sesión de lectura, moi especial, para o alumnado de Educación Infantil da escola de Zamáns e Monte do Alba.

Teatro Animar-T

Ola a todos

Queremos informarvos que, como o curso pasado, dende a ANPA conseguimos que a Deputación subvencione unha actividade de celebración das letras galegas. Hoxe despois do recreo, virá o grupo de teatro ANIMAR-T ao noso centro para representar a obra "A casiña de cartón", para todos os alumnos do centro.
Un saúdo