Proxecto ARCO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

@S DE INFANTIL...DE MARISQUEO!!!

 Os nenos e nenas de Educación Infantil, traballaron a reo na praia de Bouzas onde foron mariscar xunto coas súas mestras da man dun grupo de expertos mariscadores.

Aprendendo a Amar o Mar...

 

 Pincha aquí para ver máis fotos 

Colonia de morcegos na leoteca Bibliosoños

 Estimados lectores e lectoras, xa chegou a primavera á leoteca Bibliosoños!!!  

Pasou marzo ventoso e aquí chega xa abril chuvioso cargadiño de: contos, poesías, xornais e novos concursos!

 

Non podemos consentir que as trazas, ou couzas, veñan de lambonas a comer nos nosos libros favoritos, de modo que convidamos a unha pandilla de morcegos (que devecen por comer trazas e couzas) a vivir na nosa Bibliosoños. 

Precisamos un nome para a súa colonia, de modo que, ánimo!, colle unha tarxeta na corcheira á porta da Leoteca e deixa a túa suxerencia  

Tes ata o luns 30 deste mes de abril!

Voluntariado Lector

 

 

 O alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria están de “Contacontos por un Día”

As alumnas e alumnos das aulas de 4º, 5º e 6º de Infantil agardan xa impacientes polo seguinte día de contos mentres van completando o seu “Pasaporte de Lecturas” cos selos que gañan en cada contacontos ao que asisten.

♫ ♪♩♫ 5º e 6º concerto do pergamiño Vindel ata a música popular

 

Grandioso concerto da man dos profes da escola municipal de música folk e tradicional.

 

Coñecimos a importancia da música e os textos do pergamiño Vindel e participamos da animada interpretación colectiva

♫ ♪♩♫ le-ro le-ro le-ro

 

O ALUMNADO DE 3º E 4º VISITAN O PERGAMIÑO VINDEL

   Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria visitaron o Monte do Castro para coñecer o monumento adicado ao trovador Martín Códax e tamén o Museo do Mar, onde puideron contemplar de cerca o Pergamiño Vindel antes de que viaxara de novo á Morgan Library de Nueva York.

  Unha xornada emocionante e cargada de historia!!!

Pincha aquí para ver máis fotos

FALAMOS COA ANTÁRTIDA

O venres 2 de marzo foi un día moi especial. Os nenos e nenas de 6º (2.017-18)mantiveron unha charla de 40 minutos con responsables e científicos da base Juan Carlos I que España ten na Antártida, que moi amablemente nos contaron unha chea de cousas interesantísimas, curiosidades, anécdotas..., sobre como é a vida na Illa Livingston ao longo dos meses que hai campañas de investigación. Os rapaces tiveron a oportunidade de facerlles preguntas sobre a capacidade que ten a base, como son as construcións nas que viven e traballan, como se realizan as comunicacións, como se tratan os residuos, cales son as rutinas diarias de toda a xente que habita alí, científicos, técnicos,... Ademais tivemos a sorte de coñecer a Ana Pintado, científica viguesa da Complutense de Madrid que estuda os líquenes que se atopan na Antártida. Toda unha experiencia e un privilexio que queremos agradecer a todos os que fixeron posible que charláramos en directo coa Antártida... en galego!!!!   

                         Grazas Camilo, Antonio, Joan e Ana. Guiño

 

 

Clica aquí para ver máis fotos

Flores a Rosalía

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro, data do seu nacemento) cada titoría ofreceu un ramo de flores e recitamos poemas da autora e visionamos un video da súa biografía feito polo alumnado do IES.

 

Participamos da actividade que este curso propón a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG): #AbrideAfiestra

 Penduramos das fiestras da biblioteca carteis con versos e algún elemento iconográfico do seu universo para lles dar luz e compartir as súas verbas con vós.

  

Educación Infantil - illas atlánticas e MARCO

O alumnado de educación infantil visitou o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e o museo MARCO.

Marzo "verde" - actividades no Rincón Fedello

  Estimadas lectoras e lectores,

Este mes de marzo está “cargadiño” de conmemoracións “verdes” (medioambientais).

 

Quero compartir con vós este almanaque e invitarvos a pasar polo Rincón Fedello nas próximas semanas!!!

(teréi algo preparado para que enrededes “en verde”)

 

 

 

3    Día Mundial da Natureza 

5    Día Mundial da Eficiencia Enerxética 

15  Día Mundial do Consumo Responsable 

21  Día Internacional dos Bosques

22  Día Internacional da Auga

24  Día Internacional da Hora do Planeta

 

Un saúdo, o voso amigo Leo León.

Nace una AMISTAD!!!

La semilla de la amistad ha prendido entre nuestro colegio y el CEIP Pablo Sarasate de Móstoles.

A raíz de la terrible jornada de incendios del pasado 15 de octubre de 2017, todos estamos ilusionados por "regar" esta relación con trabajos, atenciones y encuentros para que crezca fuerte como los robles (carballos) que en los dos colegios estamos cuidando con esmero.

 

Muchas gracias por vuestras muestras de afecto y por los preciosos trabajos que nos habéis enviado!!!

Premios do Concurso de Contos de Nadal

\

Na hora de lectura, entregamos os premios do Concurso de Contos de Nadal. Da gusto ver a biblioteca chea de alumnado que  participa das propostas e actividades !!!

ADA. Intervenciones Asistidas Con Animales Y Educación Natural

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo un obradoiro moi especial

con Ítaca e con Brie da man de

ADA. Intervenciones Asistidas Con Animales Y Educación Natural

Premiados no IV Concurso de Traballos por Proxectos

O proxecto de investigación do cole do curso 2016-17: "Con Vigo na Maleta"

 premiado pola Consellería no contexto do plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas esco

lares.

As nosas actividades e 

traballos de investigación dentro do Proxecto Documental Integrado "Con Vigo na Maleta" durante o pasado curso foron recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do concurso da Dirección Xeral de Centros

- texto da resolución http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_iv_concurso_tpp.pdf

- memoria presentada ao concurso   http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/descargas/nodos/TPP/1617/36015810_TPP1617_Memoria1_1c3d59.pdf