Dende o Equipo de Dinamización da Convivencia Escolar e estamos MAIS QUE AGRADECIDOS da vosa participación.
Clicade para comprobar
cantos libros
conseguimos donar!!!
Neste link tedes a nova ubicación dos vosos libros
https://www.instagram.com/reel/CXtkaddAO4I/?utm_medium=share_sheet
¡Bos días!
Convidámosvos a remexer nos diferentes recursos e xogos dedicados a gran escritora e poetisa Xela Arias.
Unha serie de carteis que explican a vida e obra de Xela Arias e que destacan pola súa orixinalidade, creatividade e a diversidade das técnicas empregadas.
Estes carteis foron feitos polo alumnado do CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro, de Redondela.
O alumnado de 6º de educación primaria participou nunha actividade do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar).
O Secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou a importancia dos deportes populares que son “parte da idiosincrasia de Galicia, parte fundamental da nosa cultura e da nosa tradición que debemos promover entre os máis novos para que sigan convivindo connosco durante moitos anos máis”.
Este curso o “Itinerario lector” do colexio céntrase na figura da escritora Rosa Aneiros . Por iso,
estamos a ler os seus libros.
No mes de abril compartimos unha vídeochamada, para charlar un tempo, compartir opinións e facerlle preguntas.