blogue depaula

PDI PORTUGAL E MÉXICO

Deixámosvos aquí os presentacións de Portugal e México, para que vexades todo o que traballaron e aprenderon, ao longo deste curso, os nenos e nenas de 1º e 4º de Primaria.

PREMEDE NAS IMAXES PARA VER OS TRABALLOS!

XORNADA DE XOGOS NAS PISTAS

O alumnado de 1º a 5º de Primaria gozou dunhas xornadas de xogos nas pistas deportivas do Concello, organizadas polos mestres de Educación Física. Botádelle unha ollada ao vídeo!

PDI ÁFRICA

Os nenos e nenas de 2º de Primaria queren compartir con vós o traballo de todo o ano, onde aprenderon un montón de cousas sobre África.

CLICADE NA IMAXE

Lembrade visitar o PDI DIVERSIDADE CULTURAL no blog de Leo e Mariña para ver outros traballos dos compañeiros e compañeiras do cole!!

CONTACONTOS 5º

Un grupo de nenas de 5º de Primaria representou para os nenos e nenas de 2º unha adaptación do conto "As princesas tamén se tiran peidos". Moitas grazas, chicas!!! Sodes unhas artistas!

PREMEDE NA IMAXE!

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA

O alumnado de 6º de Primaria celebrou o Fin de Etapa nunha excursión ben completiña... Pasárono xenial cos xogos, na piscina, no cine...

Premede na imaxe

RAPEANDO NO VALES

A rapazada de 4ºC de Primaria está a piques de se converter en "Estrelas da Música". Mirade que rap compuxeron para aprender as preposicións... Están feitos uns artistas!!

CONTOS EN KAMISHIBAI

A rapazada de 2º versionou algúns contos e inventou outros, para adaptalos a Kamishibai, un teatriño en papel de orixe xaponés.

Non perdades a oportunidade de velos!

CLICADE NA IMAXE

CONTACONTOS PARA 1º...

A rapazada de 1º de Primaria tivo a sorte de participar nunha sesión de Contacontos de distintas obras de Miguel López, El Hematocrítico. Pasárono xenial!

A DIVERSIDADE CULTURAL

Dentro do Proxecto Documental Integrado deste ano, Leo e Mariña propuxéronnos o reto de investigar sobre distintos países. Aquí tedes unha pequena mostra do que aprendimos.

Lembrade visitar o Blog de Leo para aprender máis cousiñas!!

clicade na imaxe

Distribuir contido