blogue depaula

CIEC

Hai uns días a rapazada de 6º de Primaria visitou a igrexa de Santa María do Azougue, onde prestou moita atención ás explicacións de Julián, ex profesor do IES Francisco Aguiar. A continuación, foron ao CIEC onde intentaron reproducir o visto na igrexa.

PREMEDE NA IMAXE!

HORTO AROMÁTICO

Os nenos e nenas de 6º de Infantil visitaron Primaria para facer un percorrido polo horto aromático da man dos seus responsables, a rapazada de 6ºE.

CLICADE NA IMAXE

CHARLA ENFERMIDADES RARAS

Nenas e nenos de 2º de Primaria a través do conto de Federito, un trevo de 4 follas, aprenderon un pouquiño sobre que é iso das enfermidades raras.

 

MUSEO AS MARIÑAS

Hai uns días, alumnado de 2º e 4º de Primaria visitou o Museo das Mariñas, para coñecer un pouco da historia da nosa vila e aprender sobre o traxe galego. Botádelle unha ollada ao vídeo!!

premede na imaxe

DÍA DA LINGUA INGLESA

Hai uns días, o 25 de abril, conmemorouse o Día da Lingua Inglesa. Dende a biblioteca de infantil organizáronse contacontos e un obradoiro para aprender as partes da cara en inglés.

premede na imaxe!

1º VISITA A GRANXA DE BELELLE

A cativada de 1º visitou a granxa escola de Belelle. Alí fixeron distintos obradoiros: elaboración de pan, dar de comer aos animaliños e pasárono en grande montando en poni! Botádelle unha ollada ao vídeo!!

QUINCENA DO LIBRO

Este ano, para celebrar como se merece o Día do Libro, festexámolo durante dúas semanas cunha chea de actividades. PREMEDE NAS IMAXES para ver algunhas das cousas que fixemos!!

AÍ VEN O MAIO...

Xa chegou o mes de maio, e para darlle a benvida adornamos a entrada do cole con flores!!

CLICADE NA IMAXE

ENCANTO, Walt Disney

A rapazada de 3º de Primaria achegouse ata o cine Alfonsetti para ver a película "Encanto", de Disney.

No alto das montañas de Colombia hai un lugar encantado chamado Encanto. Aquí, nunha casa máxica, vive a familia Madrigal, todos teñen fantásticas habilidades agás Mirabel. Mais un día están a piques de perdelas... Quen os salvará?

PREMEDE NA IMAXE

Distribuir contido