Blogues

EXHIBICIÓN GARDA CIVIL

O alumnado de Infantil, de 2º, 5º e 6º de Primaria asistiu, en Abegondo, a unha exhibición do traballo que leva a cabo a Garda Civil nas súas distintas especialidades. Botádelle unha ollada ao vídeo premendo a imaxe!

EN CONCERTO COA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE A CORUÑA

A rapazada de 1º, 2º, 3º e 6º de Educación Primaria acudiu ao Ágora na Coruña para participar nun concerto coa Banda Municipal. Os nenos e nenas colaboraron activamente no espectáculo. Clicade nos TÍTULOS para poder acceder ás distintas actuacións!

SUITE DE

CANCIÓNS

INFANTÍS

EN UN MERCADO

PERSA

VAIANA


TITANIC

UN CONTO

ESPECIAL

XOGANDO CO ATLETISMO

O alumnado de 1º a 4º de Primaria gozou dunha xornada de iniciación ao atletismo da man do Programa XOGADE, da Secretaría Xeral para o Deporte. Preme na imaxe para ver o vídeo!

 

MUNDOBICHOS

PREMEDE NA IMAXE

OS PAXAROS DO VALES

Con motivo do día da Candeloria, os nenos e as nenas do cole estiveron a investigar sobre distintos paxaros. No seu día xa vos adiantamos parte dos seus traballos, hoxe amosámosvos outra pequena parte...

CLICADE NA IMAXE!

HANSEL E GRETEL EN LINGUAXE DE SIGNOS

Se queredes saber máis premede na imaxe!

VISITA Á CASA DOS PEIXES

Aproveitando que están a traballar os seres vivos en Ciencias Naturais, os nenos e nenas de 1º de Primaria visitaron a Casa dos Peixes na Coruña.

PREMEDE NA IMAXE!

FRAN AMIL EN CONCERTO

Organizado polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, Fran Amil presentou no cole, para a rapazada de 3º de Primaria, o seu espectáculo POPSÍA. Os nenos e nenas gozaron moitísimo coa poesía e a música.

CONCERTO NO PALACIO DA ÓPERA

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria desprazouse ata Coruña para gozar do espectáculo musical "La leyenda de Armonía" no Palacio da Ópera. Botádelle unha ollada ao vídeo premendo na imaxe!

 

Distribuir contido