Facémonos maiores...

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria  visitamos as instalacións do IES Francisco Aguiar para coñecer o centro ao que asistiremos a maioría de nós o vindeiro curso.

Fixémonos maiores e tócanos enfrentarnos a unha nova etapa da nosa vida. Estamos nerviosos pero ilusionados!.

Se pincahades aquí podedes acceder ás fotos da visita.

Para as familias, desde o Departamento de Orientación elaboramos un folleto informativo sobre o Paso á ESO que esperamos sexa do voso interese. Pinchade na imaxe para acceder ao documento ou aquí.