CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA

A rapazada de 5º de E. Primaria asistiu a un concerto didáctico organizado polo departamento de Pedagoxía do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Botádelle unha ollada ao vídeo, premendo na imaxe!

EXHIBICIÓN GARDA CIVIL

O alumnado de Infantil, de 2º, 5º e 6º de Primaria asistiu, en Abegondo, a unha exhibición do traballo que leva a cabo a Garda Civil nas súas distintas especialidades. Botádelle unha ollada ao vídeo premendo a imaxe!

EN CONCERTO COA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE A CORUÑA

A rapazada de 1º, 2º, 3º e 6º de Educación Primaria acudiu ao Ágora na Coruña para participar nun concerto coa Banda Municipal. Os nenos e nenas colaboraron activamente no espectáculo. Clicade nos TÍTULOS para poder acceder ás distintas actuacións!

SUITE DE

CANCIÓNS

INFANTÍS

EN UN MERCADO

PERSA

VAIANA


TITANIC

UN CONTO

ESPECIAL

PARABÉNS AO SERVIZO DE COMEDOR DO CEIP FRANCISCO VALES VILLAMARÍN

Despois de pasar unha nova auditoría , o Servizo de Comedor Escolar do CEIP Francisco Vales Villamarín obtivo unha puntuación de 98,53 sobre 100, o que o sitúa, unha vez máis, na parte máis alta da clasificación en comedores escolares, superando a xa magnífica puntuación da vez anterior.

 

PARABÉNS!!!!

CONCURSO DE CARTEIS LETRAS GALEGAS

 

Para ver as bases do Concurso de Carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos, PREMA NA IMAXE.

XOGANDO CO ATLETISMO

O alumnado de 1º a 4º de Primaria gozou dunha xornada de iniciación ao atletismo da man do Programa XOGADE, da Secretaría Xeral para o Deporte. Preme na imaxe para ver o vídeo!

 

MUNDOBICHOS

PREMEDE NA IMAXE

WATER-POLO

 

Esta semana, o alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria do centro asistiu a unha sesión de wáter-polo impartida por un entrenador profesional deste deporte. Esta é unha actividade promocionada polo Concello de Betanzos para ver a acollida que ten no noso alumnado con vistas a realizar a actividade nun futuro próximo. Para isto, necesitan que cubran a breve enquisa que leva o díptico que levaron para a casa (tamén poden descargala PREMENDO NA IMAXE) e lla entreguen ao profesorado de Educación Física.

Distribuir contido