DESFILE DE ENTROIDO

El Entroido o Antroido en la provincia de Ourense

O vindeiro VENRES, 9 DE FEBREIRO, celebraremos o ENTROIDO no parque do Pasatempo. O alumnado sairá do centro a partir das 10:30 h. e o desfile dará comezo ás 11:00 h.

Na entrada ao Pasatempo, o alumnado realizará un pequeno e breve desfile que consistirá en dar unha volta ao patio central do parque e se colocará na súa zona.

A orde de entrada será: 6º / 5º / 4º / 3º / 2º / 1º de Educación Primaria – 6º / 5º / 4º de Educación Infantil.

Ao finalizar, volverán a saír na mesma orde.

 

As familias que queiran presencialo terán que colocarse nas gradas do parque. Se non é posible por falta de mobilidade poderán situarse detrás das cintas de balizaxe nos laterais do recinto.

DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

            

 

                                
INFANTIL PRIMARIA

PREMEDE NAS IMAXES

RESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

PROCESO DE ADMISION FUERA DE PLAZO (2ª fase) – CPIFP Bajo Aragon

 

Segundo a Orde do 21 de outubro de 2022 ( DOG 11/11/22), o prazo para a RESERVA DE PRAZA para o IES FRANCISCO AGUIAR será entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2024.

Para tratar este tema de Reserva de Praza e os Actos de Fin de Etapa, haberá unha reunión de familias do alumnado de 6º de Primaria o martes, 23 de xaneiro, ás 16:30 horas, na Sala de Usos Múltiples de Primaria.

 

Documentación:

Información para as familias

Solicitude. Anexo I

BONO DEPORTE XUNTA

 A Xunta de Galicia lanzou unha campaña anunciando un "bonodeporte" para nenos e nenas de 6 a 16 anos que estén federados nalgún deporte ou dentro do programa escolar Xogade (como é o caso dalgún alumnado do noso centro, que recibirá, a través dunha mensaxe abalar, o identificador correspondente para poder solicitalo). Os bonos poden solicitarse dende o luns día 8 de Xaneiro. Teñen toda a información na páxina web: bonodeporte.gal

ACTIVIDADE MUSICAL NO IES Fco. AGUIAR

Durante o mes de decembro, a rapazada de 1º de Primaria achegouse ata o instituto Francisco Aguiar para participar nunha actividade musical. O alumnado do Instituto musicalizou unha curta de Disney con instrumentos e obxectos cotiáns; a continuación os nenos e nenas de Primeiro puideron tocar eses instrumentos.

premede na imaxe!

 

XOGOS NO NADAL

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo dous xogos para este tempo de nadal, o "Dígocho eu" e o "Pasapalabra especial Nadal" para promover o uso do galego entre o alumnado.

Botádelle un ollo ao resultado premendo na imaxe!

FESTIVAL DE CONTOS NO NADAL

Ao longo destes días gozamos de distintas actividades: manualidades, magos, contacontos, espectáculos, visita dos reis magos... e, por suposto, do noso festival do contos.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso gran festival!

CLICADE NA IMAXE

CAMPIONATO CUBO DE RUBIK

Durante varios recreos, alumnado do centro participou no campionato de cubo de Rubik organizado polos mestres e mestra de Educación Física.

Botádelle un ollo ao vídeo premendo na imaxe!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

O equipo da biblioteca fixo unha recompilación de lecturas para o nadal, premede na imaxe!

POLO BOSQUE DE HANSEL E GRETEL

A rapazada de 3º de Primaria visitou o museo de Belas Artes na Coruña. Da man de Ana e Laura, os nenos e nenas percorreron o museo seguindo as pegadas de Hansel e Gretel, descubrindo o misterioso mundo que agocha o bosque...

PREMEDE NA IMAXE...

Distribuir contido