CANTIGAS E REGUEIFAS DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA 2023

CONSELLO ESCOLAR - ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN CURSO 2021-2022

INFORMACIÓN RELEVANTE

  • Neste curso 21-22 toca renovar parte do Consello Escolar. No caso das familias renovaranse dous representantes.
  • O censo de cada sector do Consello Escolar está colgado no taboleiro interior, onde se pode consultar, dado que por protección de datos non pode estar na web.
  • Para presentar as vosas candidaturas teremos á vosa disposición un formulario na conserxería do centro. Este formulario debe presentarse como data límite o mércores 10 de novembro.
  • Este pasado martes constituíuse a Xunta Electoral con representación de todos os sectores onde se aprobou o calendario de actuacións que rematará o martes 23 de novembro coa votación.

 

- O próximo martes 23 de novembro realizaremos a votación para renovar a representación das familias no Consello Escolar. Con este motivo establécense tres períodos de votación para, por unha banda, que as familias que lles tocou integrar a Mesa Electoral non teñan que estar toda a mañá e poidan compaxinar cos respectivos traballos e, por outra banda, para que teñades varios espazos durante a xornada habilitados para exercer o voto. Deste xeito, os horarios de votación serán os seguintes:

  • Ás 09:00 horas constitución e apertura da Mesa Electoral e inicio da votación ata as 10:00 horas.
  • Segundo tramo de 13:45 a 14:15 horas coincidindo coa recollida do alumnado.
  • Terceiro tramo de 15:30 a 16:00 horas coincidindo co inicio das actividades extraescolares.

- SORTEO XUNTA ELECTORAL martes día 26 de outubro ás 14:00 horas.+ info A xunta electoral, unha vez constituída, poñerá a disposición das persoas que desexen presentar a súa candidatura un impreso para formalizala.

MATERIAL DE AULA CURSO 21-22

MATERIAL DE AULA SOLICITADO POR CADA TITORÍA CURSO 21-22

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º E.P. - 2º E.P. - 3º E.P. - 4º E.P. - 5º E.P. - 6º E.P.

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO CURSO 21-22

DE 3º E 4º DE PRIMARIA

DÍA 3 DE SETEMBRO

DE 10:30 h a 13:00 h

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 21-22

 

- Fondo solidario de libros de texto (alumnado de 3º e 4º E.P. xa que 5º e 6º ten e-dixgal)

- Axudas para a adquisición de libros de texto (alumnado de 1º e 2º E.P. e o que teña discapacidade dun 65% polo menos) (A adquisición de libros de texto realizarase, preferentemente, a través das librarías/establecementos da zona de referencia do centro educatvo).

- Material escolar (alumnado de E.P.)


Listaxe definitiva de admitidas - (clicar no apartado "cidadán"; tamén as temos expostas no taboleiro da porta de entrada interna do centro) - Entregaranse os libros ao incio do curso

Listaxe provisional de admitidas - (clicar no apatado "cidadán"; tamén as temos expostas no taboleiro da porta de entrada interna do centro) - Reclamacións ata o día 06/07/2021 ás 21:00 horas

Os vales para libros e material para 1º e 2º e os vales para material de 3º a 6º podedes pasar a recollelos a partir do martes, día 06/07


 

INFORMACIÓN XERAL - Curso 2021-2022 presentación do 21/05 ao 22/06, incluídos

Procedemento ED330B

  Orde do 6 de maio de 2021 (DOG do 20)  Enlace ao Diario oficial de Galicia

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, facendo clic aquí.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos centros: enlace aos Anexos I e II.

Para máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace - Manual de usuario para os cidadáns: enlace

COMEDORES ESCOLARES 2021-2022

AVISO IMPORTANTE!

COMEDORES ESCOLARES CURSO 2021-2022

1º O alumnado que pagou o comedor durante o curso 20-21 que pase polo centro a recoller os impresos do mes de xuño (para todas aquelas persoas que non o teñan xa pagado).

2º O alumnado que vaia usar o comedor o curso 2021-2022 ten que descargarse os impresos de solicitude (aquí) e enchelos. Logo pasar polo centro para entregalos (tamén teremos a vosa disposición eses impresos no centro)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ PARA O CURSO 2021-2022

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA:

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 18/12/2020. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de cada ano.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Os prazos máis salientables son os seguintes:

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Letras de desmpate segundo o sorteo público aquí.

3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

- Áreas de influencia do noso colexio

- Criterios de admisión

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2020

ESTE ANO AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN VEÑEN DA VOSA MAN!!!

TODOS OS CONTACONTOS DE BOAS NOITES PARA QUE QUEDEN DE RECORDO DESTES TEMPOS DE CONFINAMENTO. GRAZAS!!!

       
           

NOTA INFORMATIVA SOBRE A 3ª AVALIACIÓN DE ED. INFANTIL

NOTA 3ª AVALIACIÓN INFANTIL

O Equipo de ciclo de Educación Infantil decidiu, dadas as circunstancias, manter os ítems de avaliación e as correspondentes cualificacións do 2º trimestre para cada alumno.

Esta decisión apoiase lexislativamente nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia; e pedagoxicamente na imposibilidade de facer unha observación directa e sistemática do traballo realizado polo alumnado, principal instrumento de avaliación nesta etapa.

Distribuir contido