Comedor

PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR ESCOLAR

PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR

Como informamos no mes pasado, este curso, quen o desexe, pode realizar o pago dos recibos do comedor por vía telemática. Para isto necesitamos darnos de alta na web de ABALAR, non no móbil. A ruta para configuralo é a seguinte:

Entrar na web de Abalar https://www.edu.xunta.gal/abalar e ir ao Espazo familias. Unha vez aquí debemos pinchar en “Ver alumno”; baixar pola pantalla ata o apartado de “Accións” e pinchar en “Subscrición”. Aquí aparecen as posibilidades de modificar diferentes datos e no final pode verse o apartado “Recibir notificacións de publicación do recibo de comedores”; e xa por último, activar en “Recibir correo-e” e “Gardar”.

Desta maneira pode pagarse directamente vía telemática, que será máis cómodo, e non necesita presentar xustificante no centro.

A principios de cada mes temos que entrar na web de Abalar e no apartado “Información” pinchar en “Servizos complementarios”, aquí apareceranos a función “CIXTEC” que nos permite realizar o pago.

Neste caso o ABALAR non envía aviso de que está dispoñible o pago, tan só envía un correo electrónico, polo que ou ben miramos o correo ou ben entramos na web de ABALAR para ver se está o recibo.

CEIP Veleiro Docampo

COMEDORES ESCOLARES 2021-2022

AVISO IMPORTANTE!

COMEDORES ESCOLARES CURSO 2021-2022

1º O alumnado que pagou o comedor durante o curso 20-21 que pase polo centro a recoller os impresos do mes de xuño (para todas aquelas persoas que non o teñan xa pagado).

2º O alumnado que vaia usar o comedor o curso 2021-2022 ten que descargarse os impresos de solicitude (aquí) e enchelos. Logo pasar polo centro para entregalos (tamén teremos a vosa disposición eses impresos no centro)

COMEDORES ESCOLARES 2022-2023

AVISO IMPORTANTE!

COMEDORES ESCOLARES CURSO 2022-2023

1º O alumnado que pagou o comedor durante o curso 21-22 que pase polo centro a recoller os impresos do pago do comedor do mes de xuño (para todas aquelas persoas que non o teñan xa pagado).

2º O alumnado que vaia usar o comedor o curso 2022-2023 ten que descargarse os impresos de solicitude - Anexo II modelo de autodeclaración- (aquí) e enchelos. Logo pasar polo centro para entregalos (tamén teremos a vosa disposición eses impresos no centro)

ACORDO CONSELLO DA XUNTA DO 15/10/20 SOBRE COMEDORES ESCOLARES

O acordo do consello da Xunta sobre comedores escolares do día 15/10/20 acordou o seguinte:

  • Modificar as contías das compensacións económicas a percibir polo persoal funcionario e laboral destinado nos centros educativos públicos galegos, así como aos pais, nais, titores legais e acolledoras/es familiares de nenas/os escolarizados en ditos centros, que asuman responsabilidades na organización dos comedores escolares e realicen tarefas de atención e vixilancia dos menores comensais, a percibir compensacions económicas, en función dos días nos que se concrete a súa asistencia efectiva ao comedor escolar.
  • Ampliar excepcionalmente a outros familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixilancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Glicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente.

AXUDAS ALUMNADO BENEFICIARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SUSPENSIÓN DESTE POLO COVID-19

COMEDOR ESCOLAR

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B). Remata o día 6 de abril.

No caso de ter que chamar ao centro deberá facerse de 11:00 a 13:00 horas.

Tamén podedes facelo a través do correo do centro (ceip.veleiro.docampo@edu.xunta.gal) indicando nomes das fillas/os que teñen o dereito, nome da persoa titular da conta e nº IBAN e BIC/SWIFT da conta (se non sabes o nº BIC/SWIFT, co IBAN podería ser suficiente)

PERSOAL COLABORADOR NO COMEDOR ESCOLAR

   PERSOAS COLABORADORAS DO COMEDOR ESCOLAR

Información para as persoas que estean interesadas en colaborar no comedor escolar para o curso 2018-2019

 

Dieta equilibrada

 

Fai clic nas imaxes

Almorzo equilibrado

Distribuir contido