Secretaría

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ PARA O CURSO 2023-2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA e de EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA O ALUMNADO DE 6º QUE CONTINÚE NO CENTRO DE ADCRICIÓN (IES da Terra Chá):

 

 

O prazo de solicitudes de reserva (ED550A) abranguerá do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

O prazo de solicitudes de admisión (ED550B) abranguerá do 1 ao 20 de marzo do 2023, ambos incluídos.

O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 21/10/2022. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 4 de febreiro de cada ano.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».

A consulta das listaxes de alumnado admitido, sen fase de baremo, que se publicarán antes do día 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Os prazos máis salientables son os seguintes:

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.

2. Data do sorteo público para criterios de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Resultado do sorteo.

3. Publicación de postos escolares vacantes: transcorridos os prazos para formalizar a matrícula.

4. Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:o 25 de abril de cada ano.

7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio de cada ano.

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

- Áreas de influencia do noso colexio

- Criterios de admisión

Comezo do curso escolar 2022-2023

O DÍA 8 DE SETEMBRO ENTRAREMOS AO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO, ÁS 09:15h, TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (ALUMNADO, PAIS, NAIS, TITORAS/ES) ONDE O DIRECTOR PRESENTARÁ O NOVO CURSO E COMENTARÁ ALGÚNHAS LIÑAS BÁSICAS. SEGUIDAMENTE, O ALUMNADO ENCAMINARASE Á SÚA AULA COA TITORA/OR QUE TEN ASIGNADA.

 

O curso abranguerá desde o día 8 de setembro de 2022 ata o día 21 de xuño de 2023, ámbolos dous incluídos.

As entradas e saídas do alumnado serán do seguinte xeito:

*Alumnado de educación infantil (4º, 5º e 6º de E.I.) e o alumnado de 1º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:10h.

* Alumnado de 2º, 4º e 5º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h.

As entradas e saídas efecturanse pola PORTA PRINCIPAL 

As nais, pais ou titoras/es do alumnado de educación infantil e de 1º de educación primaria poderán entrar ao centro para deixalos e recollelos.

*Alumnado de 3º e 6º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h

As entradas e saídas efectuaranse pola PORTA DE MADRUGADORES.

O alumnado de 6º E.P. accederán ao edificio nº1 pola porta principal do edificio.

O alumnado de 3º de E.P. accederá ao edificio nº1 pola porta traseira do edificio (a que dá ao pavillón de deportes).

* Alumnado que asista ao comedor escolar e marche a casa sen ser transportado.

A este alumnado pasarán a recollelo, entrando pola PORTA PRINCIPAL cara ao edificio nº 1, as nais/pais, titoras/es legais ás 15:30h.

Debido a que o SARS COV2 segue con nós e que, aínda que non hai máis restricións que a ventilación das aulas, as nais, pais e titoras/es legais do alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria non entrarán ao colexio nin para deixalos nin para recollelos. Deixaranos na respectiva porta e o profesorado encargarase de entregalos ás saídas na porta que corresponda.

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

    

 MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

4º E.I. - 5º E.I. - 6º E.I.

1ºE.P. - 2ºE.P. - 3º E.P. - 4ºE.P. - 5ºE.P. - 6ºE.P.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO QUE SEXA BENEFICIARIO DELAS PARA O CURSO 2021-2022

O día 13 de novembro publicouse a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG do 12/11/2021) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, (...) e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería (...) no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

O alumnado destinatario será:

- Alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

- Non fose beneficiario desta axuda por diferentes circunstancias pero:

  • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (exercicio fiscal 2019)
  • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

As solicitudes terán que presentarse, de forma presencial, no centro docente ata o día 26 de novembro.

O formulario de solicitude (anexo I) estará dispoñible:
a) No centro docente.
b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOSE BENEFICIARIO DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 21/22.

Comezo do curso escolar 2021-2022

Data de comezo do cuso escolar 2020-2021
Horarios e portas de entrada e saída do centro clicando na táboa

xoves día 09 de setembro

 

Debido á situación creada polo SARS Cov 2

  • Non haberá reunión global de comezo de curso coas nais/pais o día 9 de setembro
  • O alumnado de infantil poderá entrar no recinto do colexio acompañado só por un adulto
  • O alumnado de primaria non pode entrar acompañado dentro do recinto do colexio
  • O alumnado que utilice o comedor escolar e vaia ser recollido, levarémolo á porta principal dende as 15:30 horas.

Haberá comedor e transporte escolares

Toda familia debe descargar e asinar a DECLARACIÓN RESPONSABLE (aquí) indicada no protocolo COVID-19 e entregala ás persoas titoras da súa filla/o

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021

ADMISIÓN CURSO 2021 - 2022

  • LISTAXE DEFINITIVO DO ALUMNADO ADMITIDO PARA 4º DE ED. INFANTIL. Todo o alumnado que solicitou matrícula en prazo está admitido na resolución definitiva. Podedes ver a listaxe no taboleiro interior do centro (xunto á porta interior de entrada ao centro).

 

  • LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO PARA 4º DE ED. INFANTIL. Todo o alumnado que solicitou matrícula en prazo está admitido na resolución provisional. Podedes ver a listaxe no taboleiro interior do centro (xunto á porta interior de entrada ao centro).

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO QUE SEXA BENEFICIARIO DELAS

O día 13 de novembro publicouse a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, (...) e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería (...) no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

O alumnado destinatario será:

- Alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

- Non fose beneficiario desta axuda por diferentes circunstancias pero:

  • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (exercicio fiscal 2018)
  • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

As solicitudes terán que presentarse, de forma presencial, no centro docente ata o día 25 de novembro.

NON TEÑEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOSE BENEFICIARIO DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 20/21.

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO - CURSO 20-21

DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE:

Distribuir contido