Secretaría

Comezo do curso escolar 2020-2021

Data de comezo do cuso escolar 2020-2021

Horarios e portas de entrada e saída do centro clicando na táboa

xoves día 10 de setembro

  • 4º e 5º de E.I.
  • 1º, 2º e 3º de E.P.

venres día 11 de setembro

  • 6º de E.I
  • 4º, 5º e 6º de E.P.

Debido á situación creada polo SARS Cov 2

  • Non haberá reunión de comezo de curso coas nais/pais os días 10 e 11
  • O alumnado de infantil poderá entrar no recinto do colexio acompañado só por un adulto
  • O alumnado de primaria non pode entrar acompañado dentro do recinto do colexio
  • O alumnado que utilice o comedor escolar e vaia a ser recollido, levarémolo á porta principal dende as 15:30 horas.

Haberá comedor e transporte escolares

IMPRESOS SOLICITUDE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLARES

IMPRESOS PARA SOLICITAR TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLARES PARA O CURSO 2020-2021

Durante estes últimos días do mes de xuño e os primeiro do de xullo teriades que descargar os impresos, enchelos e entregalos no centro

TRANSPORTE COMEDOR

- Solicitude transporte

fóra da área de influenza

- Impreso solicitude

do comedor escolar

- Solicitude transporte vivindo

a menos de 2 km

 

ADMISIÓN CURSO 2020-2021

ADMISIÓN CURSO 2020 - 2021

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

08/06/2020

INSTRUCIÓNS DO 28 DE MAIO QUE CONCRETAN AS DO 21 DE ABRIL SOBRE O 3º TRIMESTRE DO CURSO 19-20

Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Instrucións

Enlace coa páxina da CECFP

28/05/2020

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA:

1. Restablécese o prazo iniciándose o día 11 de maio e rematará o día 18 de maio.

Horario de atención: de 10:00 h a 13:00 h

2. Novos prazos do procedemento.

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

Acordos do Cecop no ámbito educativo

06/05/20  13:05h

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE E.P. PARA O 3º TRIMESTRE

INFORMACIÓN PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA DA ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE E.P. PARA O 3º TRIMESTRE curso 2019-2020

 

- 1ºA E.P.
- 2ºA E.P.
- 3ºA E.P.
- 3ºB E.P.
- 4ºA E.P.
- 4ºB E.P.
- 5ºA E.P.
- 5ºB E.P.
- 6ºA E.P.
- 6ºB E.P.

- ED. FÍSICA

- ED. MUSICAL

- RELIXIÓN CATÓLICA

   

 

 

Instrucións do 27 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Enlace aquí

 

Galicia, 28/04/2020 ás 13:20h

INSTRUCIÓNS SOBRE A CONCRECIÓN DE MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE

INSTRUCIÓNS EMITIDAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACION, UNIVERSIDADE E F.P. SOBRE A AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE:

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre, antes do día 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

 

INFORMACIÓNS VELEIRO SOBRE O CORONAVIRUS

Ante a situación excepcional e aplicando as medidas adoptadas pola Consellería de Educación, comunicamos a seguinte información:

A educación pública ten a obriga de responder con equidade e ofrecer a igualdade de oportunidades a TODO O ALUMNADO. O centro non dispón dos medios telemáticos suficientes, de carácter universal, para darlle resposta á totalidade do alumnado o que provocaría unha discriminación. Ao tempo que tampouco todo o alumnado dispón de conexión a internet na casa nin está dado de alta no ABALAR, polo que nestes días intentaremos dar a mellor resposta dentro das posibilidades que temos.

PROCESO DE MATRÍCULA Comunícase ás familias interesadas en realizar a reserva da matrícula no noso centro, que o prazo de entrega de solicitudes amplíase ata unha semana despois do reinicio das clases e non ata o 20 de marzo como estaba previsto. Se alguén quere facer a entrega antes do reinicio das clases, recoméndase que se deposite o sobre de matrícula na caixa do correo situado ao carón da porta de acceso ao recinto do centro.

PRESENZA DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE NO CENTRO Según a resolución do 15 de marzo de 2020 (DOG do 15/03/2020), no caso do noso centro (centro con máis de 6 unidades) sólo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro das 10:00 ás 13:00 horas.

 

INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO O profesorado do centro recomenda que nestes 14 días de suspensión das clases o alumnado manteña, na medida do posible, o ritmo de traballo e realice tarefas do seguinte tipo:

  • Tarefas de repaso dos temas que se están impartindo.
  • Lectura e escritura na casa. Resumos, esquemas ou redaccións sobre a materia que se está impartindo.
  • Diferentes prácticas matemáticas: cálculo, contas, problemas, repaso da materia.

Ante calquera dúbida recoméndase que nos comuniquemos por teléfono ou correo electrónico para evitar o contacto que podería desencadear novos contaxios. Polo tanto debe evitarse a presenza no centro e utilizar os medios apuntados para aclarar as dúbidas que se poidan presentar.

 
 

NOVAS INSTRUCIÓNS EN RELACIÓN CO COVID - 19

Novas instrucións a equipos directivos de presenza en centros (domingo 22/03/20 ás 15:41)

Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de máis de seis unidades permanecerá, a partir do luns 23 de marzo, unha persoa do equipo directivo do centro o tempo que considere preciso para atender ao alumnado e as familias, así como para a verificación do funcionamento das infraestruturas tecnolóxicas do centro e do estado do propio edificio educativo. (ligazón coa páx da Xunta)

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020. (ligazón coa páx da Xunta) (Instrucións do día anterior -12/03-)

Quedan suspendidas as actividades das escolas deportivas municipais do concello de Castro de Rei e o servizo de madrugadores do CEIP Veleiro Docampo, debido as medidas preventivas adoptadas pola Xunta de Galicia ata novo aviso.

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

2. PRESENZA DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE NO CENTRO

2.1. Establécese as seguintes previsións en relación coa presenza do persoal que se indican a continuación:

a) Educación infantil e primaria

-Centros de menos de 6 unidades

A titorización e a atención do alumnado realizarase cos medios non presenciais, telemáticos,  telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc)

-Restantes centros

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía. Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

b) Resto de ensinanzas

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía.

Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

c) Educación especial con servizo de residencia

Deberá existir o persoal suficiente docente, coidador e de cociña para garantir os coidados básicos do alumnado asistente.

d) Agás nos centros de educación especial con residencia, para o persoal de cociña, limpeza e persoal coidador aplicaranse as previsións do convenio colectivo para os períodos de inactividade.

e) O restante persoal de apoio e reforzo educativo non asistirá ao centro educativo

2.2. Criterios para a priorización da presenza do persoal nos centros.

De conformidade coas previsións do Acordo do Consello da Xunta de Galicia teñen preferencia para a obtención de permisos de conciliación o profesorado que teña ao seu coidado menores de 18 anos, maiores discapacitados e persoas maiores dependentes.

Para os casos nos que ambos os proxenitores teñan a condición de empregados públicos, a medida aplicarase a un deles (coa excepción de que un deles teña a condición de persoal sanitario).

2.3 No relativo ás ferramentas informáticas dispoñibles, e sen menoscabo das propias, remitirase aos centros educativos unha comunicación na que se indicarán as que están a disposición e o seu procedemento de uso.

3. INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO

3.1 O centro disporá das medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar.

3.2 Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, establecerá un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro estime adecuado para esta situación.

3.3 Os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.

3.4 Prestarase unha especial atención á titorización do alumnado de 2º de bacharelato.

4 OUTRAS MEDIDAS DE CARÁCTER XERAL

4.1 Suspéndese todo tipo de actividade extraescolar

4.2 Suspéndese o servizo de cafetería nos centros de ensino secundario

4.3 Utilizarase como medio de comunicación prioritario coas direccións dos centros educativos o portal da dirección e o correo electrónico.

4.4 As direccións dos centros educativos divulgarán entre o persoal do centro as presentes instrucións e comunicaranas a todas as familias que as soliciten.

5. VIXENCIA DESTAS INSTRUCIÓNS

As presentes instrucións teñen carácter provisional, polo que poden ser modificadas en atención á evolución da pandemia.

A comunicación de calquera modificación das presentes instrucións realizarase coa maior inmediatez a través do portal da dirección.

Distribuir contido