blogue dejose

ACTIVIDADE MULTIDEPORTIVA CO CEIP RAMÓN FALCÓN

O pasado día 3 de maio visitou o noso centro o alumnado de 5º e 6º do CEIP RAMÓN FALCÓN para realizar unha actividade multideportiva co noso alumnado.

Neste encontro o alumnado realizou diversas competicións de bádminton e brilé por equipos mixtos con alumnado dos dous centros.

A xornada resultou un éxito para o desfrute de todos. Unha mágoa non disfrutar de mellor tempo para poder incluir os partidos de balonmán que estaban programados.

REPETIREMOS

 

 

FINAL DO TORNEO DE BALONMÁN

O pasado mes de marzo finalizou a liguilla de balonmán que estivemos a disputar durante os recreos co noso alumnado de 5º e 6º de Primaria.

A clasificación final da liguilla foi a seguinte:

 

Tras a liguilla disputouse a fase final do torneo con enfrontamentos polo 3º e 4º posto primeiramente para rematar coa gran final que disputaron o EQUIPO 5 e o  EQUIPO 1. O alumando de todo o centro asistiu a estes partidos para animar a todos os equipos.

Aquí vos deixamos algunha fotos desta xornada deportiva onde o máis importante foi o desfrute de todo o alumando.

LIGUILLA DE BALONMÁN NO CEIP VELERIO DOCAMPO

 

Esta semana demos comezo á liga de balonmán que se disputará durante os recreos polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

A liga conta con 5 equipos mixtos formados por alumnado de ambos cursos.

Aquí vos deixamos o listado de partidos e a orde na que se realizarán:

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este curso; para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, realizamos unha actividade con todo o alumnado na que vivenciamos as dificultades que teñen no seu día a día estas persoas. Para iso simulamos as discapacidade visual, algunhas discapacidades motoras e a discapacidade autitiva. Ademais contamos con unha cadeira de rodas que nos cederon ao centro para esta actividade.

Ademais de pasar unha xornada amena e divertida, o alumnado coñeceu e vivenciou de preto aspectos e dificultades que se lle presentan ás persoas con discapacidade. 

 

Aquí vos deixamos algunhas fotos desta xornada:

 

O CASTRO FSF VISITA O NOSO CENTRO

 

No día de hoxe recibimos no noso centro a visita de varias das xogadoras e corpo técnico Castro FSF, equipo que milita na 1ª división feminina do fútbol sala español.

Nesta xornada, primeiramente visualizamos un vídeo na biblioteca do centro sobre a historia deste clube no noso concello:

 

A continuación desprazámonos ao pavillón para realizar un pequeno "adestramento" dirixido polas xogadoras do clube:

E, para rematar, realizouse un sorteo de diferentes premios entre o alumnado do noso centro.

Distribuir contido