BENVIDXS

COMO ESTAMOS???

Explico un pouquiño o que ides atopar por aquí.

Tanto na lista de reproducción de youtube como no apartado de VARIEDADE hai actividades de repaso como outras novas, adaptadas a distintos niveis.

(5º E 6º TEÑEN OS SEUS MATERIAIS E TAREFAS NO EDIXGAL E NA AULA VIRTUAL)

Se tedes dúbidas ou suxerencias, ideas, propostas... 

Podedes enviar os vídeos, audios, fotos que queirades... que xa estes días recibín uns cantos. Cantando, tocando flauta ou calquera outro instrumento, percusión corporal, instrumentos que construídes, coreografías...o que se vos ocorra (En familia ou individual) Ou incluso se queredes compartir algún reto musical co resto do cole.

(Non preciso que me enviedes fichas, son unha opción máis de traballo pero non a máis importante) 

Irei actualizando con cousiñas interesantes. Se houbera algunha tarefa obrigatoria faréivola chegar.

Mándovos unha super aperta virtual!!!