PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ PARA O CURSO 2023-2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA e de EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA O ALUMNADO DE 6º QUE CONTINÚE NO CENTRO DE ADCRICIÓN (IES da Terra Chá):

 

 

O prazo de solicitudes de reserva (ED550A) abranguerá do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

O prazo de solicitudes de admisión (ED550B) abranguerá do 1 ao 20 de marzo do 2023, ambos incluídos.

O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 21/10/2022. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 4 de febreiro de cada ano.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».

A consulta das listaxes de alumnado admitido, sen fase de baremo, que se publicarán antes do día 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Os prazos máis salientables son os seguintes:

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.

2. Data do sorteo público para criterios de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Resultado do sorteo.

3. Publicación de postos escolares vacantes: transcorridos os prazos para formalizar a matrícula.

4. Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:o 25 de abril de cada ano.

7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio de cada ano.

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

- Áreas de influencia do noso colexio

- Criterios de admisión