ENTROIDO 2023

CLICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DA FESTA QUE FIXEMOS (O contrasinal recibirédelo nun abalar).

Ah e GRAZAS por eses postres tan exquisitos (ver aquí)

ENTROIDO

Este curso a temática dos difraces estará relacionada co “MUNDO DO CINE”.

* Luns día 13: O lema para o “meco” deste día seŕa: “para que o entroido non che dea pereza, deberás poñer algo na cabeza"

* Martes día 14: O lema para o “meco” deste día seŕa: "se colorido te queres ver, roupa de cor terás que poñer". (Non son acumulativos).

* Mércores día 15: O lema para este día será: “se desexas estar molón, calcetíns por fora do pantalón". (Non son acumulativos).

* Xoves día 16: O lema do "meco" deste día será: "que trasnada! Atrévete a traer a cara pintada". (Non son acumulativos).

* Venres día 17: Día no que nos disfrazamos. Se a climatoloxía é favorable, realizaremos un desfile no patio exterior; do contrario realizaremos un desfile por aulas no pavillón. Teremos doces típicos do entroido elaborados polas familias do alumnado de 5º e 6º cursos de E.P.

 

AdxuntoTamaño
20230217_veleiro_entroido_2023.zip13.58 MB
20230217_video_postres_reducido.mp415.28 MB