Actividades realizadas no centro
VELEIRAXOGA
Enviado por Anónimo o Lun, 22/05/2023 - 15:21Dende o CEIP Veleiro Docampo queremos fomentar os recreos activos e para todos onde non só teña cabida o fútbol que moitas veces ocupa todo o espazo de xogo e non permite que as persoas ás que non lles guste poidan realizar outros deportes ou outras actividades
ACTIVIDADE MULTIDEPORTIVA CO CEIP RAMÓN FALCÓN
Enviado por jose o Mar, 14/05/2024 - 15:46O pasado día 3 de maio visitou o noso centro o alumnado de 5º e 6º do CEIP RAMÓN FALCÓN para realizar unha actividade multideportiva co noso alumnado.
Neste encontro o alumnado realizou diversas competicións de bádminton e brilé por equipos mixtos con alumnado dos dous centros.
A xornada resultou un éxito para o desfrute de todos. Unha mágoa non disfrutar de mellor tempo para poder incluir os partidos de balonmán que estaban programados.
REPETIREMOS
FINAL DO TORNEO DE BALONMÁN
Enviado por jose o Xov, 11/04/2024 - 18:54O pasado mes de marzo finalizou a liguilla de balonmán que estivemos a disputar durante os recreos co noso alumnado de 5º e 6º de Primaria.
A clasificación final da liguilla foi a seguinte:
Tras a liguilla disputouse a fase final do torneo con enfrontamentos polo 3º e 4º posto primeiramente para rematar coa gran final que disputaron o EQUIPO 5 e o EQUIPO 1. O alumando de todo o centro asistiu a estes partidos para animar a todos os equipos.
Aquí vos deixamos algunha fotos desta xornada deportiva onde o máis importante foi o desfrute de todo o alumando.
LIGUILLA DE BALONMÁN NO CEIP VELERIO DOCAMPO
Enviado por jose o Xov, 29/02/2024 - 01:00
Esta semana demos comezo á liga de balonmán que se disputará durante os recreos polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
A liga conta con 5 equipos mixtos formados por alumnado de ambos cursos.
Aquí vos deixamos o listado de partidos e a orde na que se realizarán:
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Enviado por jose o Lun, 04/12/2023 - 01:00Este curso; para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, realizamos unha actividade con todo o alumnado na que vivenciamos as dificultades que teñen no seu día a día estas persoas. Para iso simulamos as discapacidade visual, algunhas discapacidades motoras e a discapacidade autitiva. Ademais contamos con unha cadeira de rodas que nos cederon ao centro para esta actividade.
Ademais de pasar unha xornada amena e divertida, o alumnado coñeceu e vivenciou de preto aspectos e dificultades que se lle presentan ás persoas con discapacidade.
Aquí vos deixamos algunhas fotos desta xornada:
O CASTRO FSF VISITA O NOSO CENTRO
Enviado por jose o Mér, 20/09/2023 - 00:00
No día de hoxe recibimos no noso centro a visita de varias das xogadoras e corpo técnico Castro FSF, equipo que milita na 1ª división feminina do fútbol sala español.
Nesta xornada, primeiramente visualizamos un vídeo na biblioteca do centro sobre a historia deste clube no noso concello:
A continuación desprazámonos ao pavillón para realizar un pequeno "adestramento" dirixido polas xogadoras do clube:
E, para rematar, realizouse un sorteo de diferentes premios entre o alumnado do noso centro.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
O alumnado de 6º de Primaria foron a facer Remo dentro do Programa da Xunta Xogade:
Para celebrar o Día Internacional dos Museos O Castro de Viladonga invitou ao alumnado de 3º a 6º de Primaria a unha carreira de orientación
INTERDISCIPLINARIEDADE
En 6º en Ciencias Naturáis, relacionado co tema da alimentación, crearon uns cartéis sobre os nutrientes dos alimentos:
En colaboración con una PT preferente se realizó el siguiente muñeco para trabajar la movilidad articular y las partes del cuerpo en gallego y en castellano.
CELEBRACIÓN 8M
Na celebración do 8 de marzo algunhas clases fixeron exposicións de traballos sobre mulleres famosas, algunhas de elas deportistas. Así tivemos a: