Órganos colexiados

CONSELLO ESCOLAR - ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN CURSO 2021-2022

INFORMACIÓN RELEVANTE

  • Neste curso 21-22 toca renovar parte do Consello Escolar. No caso das familias renovaranse dous representantes.
  • O censo de cada sector do Consello Escolar está colgado no taboleiro interior, onde se pode consultar, dado que por protección de datos non pode estar na web.
  • Para presentar as vosas candidaturas teremos á vosa disposición un formulario na conserxería do centro. Este formulario debe presentarse como data límite o mércores 10 de novembro.
  • Este pasado martes constituíuse a Xunta Electoral con representación de todos os sectores onde se aprobou o calendario de actuacións que rematará o martes 23 de novembro coa votación.

 

- O próximo martes 23 de novembro realizaremos a votación para renovar a representación das familias no Consello Escolar. Con este motivo establécense tres períodos de votación para, por unha banda, que as familias que lles tocou integrar a Mesa Electoral non teñan que estar toda a mañá e poidan compaxinar cos respectivos traballos e, por outra banda, para que teñades varios espazos durante a xornada habilitados para exercer o voto. Deste xeito, os horarios de votación serán os seguintes:

  • Ás 09:00 horas constitución e apertura da Mesa Electoral e inicio da votación ata as 10:00 horas.
  • Segundo tramo de 13:45 a 14:15 horas coincidindo coa recollida do alumnado.
  • Terceiro tramo de 15:30 a 16:00 horas coincidindo co inicio das actividades extraescolares.

- SORTEO XUNTA ELECTORAL martes día 26 de outubro ás 14:00 horas.+ info A xunta electoral, unha vez constituída, poñerá a disposición das persoas que desexen presentar a súa candidatura un impreso para formalizala.

Distribuir contido