Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE

INFORMACIÓN FAMILIAS 

CÁRITAS OURENSE

INFORMARVOS:

Que o servizo de CÁRITAS de OURENSE segue funcionado neste momento e se o precisades está a vosa disposición. Déixovos o contacto e se necesitades algo comunícannos que chamedes primeiro por teléfono.

C.D.I.S. Virgen de Covadonga

C/Manuel Lago, 1, 32001, Ourense

Tel. 988 614 501

caicovadonga@caritasourense.org

 

Ademais si precisades poñervos en contacto coa orientación do CEIP VIRXE DE COVADONGA para expor unha inquedanza, aclarar calquera dúbida ou realizar algún tipo de consulta ou suxestión, podedes facelo mediante o correo electrónico:

ceip.virxe.covadonga@edu.xunta.es A ATENCIÓN DE ORIENTACIÓN.  

 

 

RECOMENDACIÓNS

Estimadas familias, empezamos a segunda semana sen cole, queremos darvos todo o noso ánimo e dicirvos que o estades facendo moi ben. Sabemos que non é facil pero entre tod@s o conseguiremos.

Recordarvos que no apartado ACTIVIDADES PARA A CORENTENA, @s profes están colgando actividades, enlaces, xogos e recomendacións para estes días.  Se non podedes imprimir nos vos preocupedes, copialas nunha libreta ou onde poidades.

Nenos e nenas, o máis importante é que non saiades da casa, que vos portedes ben, que fagades caso aos maiores e sobre todo que sexades felices. Pintade, xogade, bailade, podedes facer recetas, manualidades e axudar nas tarefas da casa.

O Ministerio de Educación, Radiotelevisión Española,TVG2 e BOING lanzan a partir de hoxe diferentes iniciativas para que poidades seguir repasando dende a casa. 

MOITO ÁNIMO!!

       De 09:00 a 14:00 emitirán contido educativo por nivéis.

  • La2-MUÉVETE EN CASA

      De 9:00 a 9:30, este espacio animará a tod@s a manternos en forma.

  • TVG2

      De 11:00 a 13 terá un bloque de programación de carácter educativo.

  • BOING-REAL MUM

       De luns a venres ás 13:25. Proposta educativa centrada na aprendizaxe do Inglés

       

RECOMENDACIÓNS

Durante estes días poderedes consultar diferentes actividades e enlaces no apartado ACTIVIDADES PARA A CORENTENA, que tedes na parte superior dereita. Ademáis poderedes recibir información d@s mestr@s e o equipo directivo a traves de distintas canles, correo electrónico, abalar ou whatsapp.

Estamos a vosa disposición para calquera dúbida a través no noso correo electrónico ceip.virxe.covadonga@edu.xunta.es.

A través da páxina web, informaremos das noticias relevantes que vaian xurdindo.

Deixamos aquí algunhas suxerencias.

ÁNIMO!

  • Iniciativa ARCO IRIS

É unha iniciativa popular, que xorde baixo o hastag #desdemiventana para facer máis levadeira a cuarentena. Estase a levar a cabo noutros países e tamén chegou ao noso. A idea é que os nenos/as, coa vosa axuda ou por si sos, realicen un arco da vella co lema TODO IRÁ BEN e colocalo nas fiestras para que outros nenos/as o vexan e se sintan máis acompañados. AQUÍ  tendes un modelo, pero podedes crear o voso propio!

https://www.orientacionandujar.es/2020/03/14/el-arcoiris-todo-va-a-salir-bien-vamos-a-colorear/

CANDO SE RETOME A ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL  TRAEDE O VOSO ARCO IRIS PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN.

 

  • Como falar sobre o coronavirus @s nen@s

Consellos para familias e profesorado sobre como afrontar o tema cos máis cativosos. Documento elaborado pola Unidad de Crisis de Barcelona: https://faros.hsjdbcn.org/es/articulo/como-hablar-sobre-coronavirus-ninos

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

CIRCULAR INFORMATIVA COVID-19

A Xunta suspende as clases en Galicia.

Mañá día 13 de marzo o centro permanecerá aberto aínda que non é obrigatoria a asistencia a clase do alumnado.

A paritr do vindeiro luns 16  o centro permanecerá pechado ata novo aviso.

A Dirección

PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN 2020/2021

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

DESFILE DE ENTROIDO

O VINDEIRO VENRES 21 DE FEBREIRO FAREMOS UNHA VIAXE NO TEMPO...A IDADE MEDIA VOLTARÁ ÁS RÚAS.

VINDE DISFRUTAR DO FANTÁSTICO DESFILE DE ENTROIDO DO CEIP VIRXE DE COVADONGA

ESTADES TODAS/OS CONVIDAS/OS!!!

I CARREIRA SOLIDARIA DÍA DA PAZ

ONTE CELEBRAMOS UNHA CARREIRA SOLIDARIA POLO DÍA DA PAZ.AS RAPAZAS E RAPACES TROUXERON UN KG DE ALIMENTOS PARA INSCRIBIRSE E FOI TODO UN ÉXITO.

RECAUDÁRONSE CASE 180 KILOS, E HOXE OS REPRESENTANTES DE CÁRITAS OURENSE RECOLLERON OS ALIMENTOS, QUE SE DONARÁN ÍNTEGRAMENTE Á PARROQUIA DE STA TERESITA.

DENDE O CENTRO QUEREMOS AGRADECER A TODAS AS FAMILIAS A VOSA COLABORACIÓN.

A DIRECCIÓN.

 

 

 

 

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut