Skip to Content

FONDO MÁSCARAS

XA ESTÁ DISPOÑIBLE NA SECRETARÍA DO CENTRO A LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE MÁSCARAS. 

TODO O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DO VALE DE MATERIAL, FOI TAMÉN ADMITIDO NO FONDO DE MASCARAS.

NOS VINDEIROS DÍAS ACHEGARANSE AS DATAS PARA A ENTREGA DAS MESMAS.

 

O CEIP VIRXE DE COVADONGA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CO MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO 25N, AS RAPAZAS E RAPACES DO CEIP VIRXE DE COVADONGA PREPARARON ESTE PRECIOSO VIDEO.

COLLEDE AIRE E VOADE!!!! 

 

 

 

CRITERIOS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Orde do 6 de novembro de 2020pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obligatoria e Educación Especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellería e en centros privados concertados no curso 2020/2021 (código de procedemento ED330E).

Os interesados en solicitalas, deberán achegar ao centro os Anexos I e II cubertos.

Tamén se poden recoller na Secretaría do Centro.

NOTA IMPORTANTE: todo aquel alumnado que tivo concedido o vale de material ao inicio de curso, non ten que solicitalo, porque xa lle corresponde por defecto.

Premer no arquivo adxunto 

 

RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR

INFORMAMOS QUE SEGUNDO A RESOLUCIÓN DE 22 DE OUTUBRO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL, ADÍASE A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES DE CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS.

POLO QUE SE SUSPENDE O PROCESO DE ELECCIÓNS DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO ATA NOVAS INSTRUCCIÓNS DA XUNTA.

UN SAÚDO

O EQUIPO DIRECTIVO

AVISO COMEDOR ESCOLAR

     O pasado 15 do mes en curso o Consello da Xunta autorizou, de xeito excepcional, que no caso de non contar no comedor escolar co número necesario de colaboradores que sexan persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou pais e nais, titores legais e acolledores familiares dos alumnos escolarizados nel, a estender aos familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente, nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial de aplicación para os restantescolaboradores.

     A excepcionalidade desta medida condiciona a súa vixencia, que rematará no momento no que deixen de aplicarse as medidas educativas e sanitarias abordadas para paliar a pandemia do COVID-19.

     Polo exposto, a fin de coordinar e homoxeneizar en todos os centros de ensino público galegos afectados, a implementación das medidas sinaladas, establécense as seguintes instrucións explicativas ao respecto:

 

1.- Nos centros de ensino con comedores que teñan autorizados pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería un número de colaboradores, que non poida cubrirse con persoal destinado no centro e cos pais, nais, titores legais e acolledores familiares dos escolares do mesmo, abrirase unha lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares dos alumnos comensais que convivan no mesmo domicilio destes. Dita lista permanecerá aberta ao longo de todo o curso 2020-2021.

 2.- Os solicitantes para seren inscritos deberán aportar unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún dos menores comensais. Tamén terán que entregar un certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais de non ter sido condenado por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual. Por último, contarán coa autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumno comensal co que convivan para colaborar no comedor escolar.

 3.- Os convivintes admitidos como colaboradores cesarán na súa actividade voluntaria no comedor escolar no caso de que no centro de ensino se reciba petición de colaborar proveniente de persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou de pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado escolarizado no centro.

RENOVACIÓN PARCIAL MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR 2020-2021

Segundo o Artigo 30 do Decreto 92/88 e a redacción dada polo Decreto 324/94 (DOG do 9 de agosto), o vindeiro día 16 de outubro (venres), ás 12:00 horas na sala de mestres do edificio de Covadonga, procederase ao sorteo público para designar aos membros da Xunta Electoral que guiarán o proceso de Elección de Representantes para o Consello Escolar, no cal neste curso, toca renovación parcial.

     Esta Xunta Electoral estará conformada pola Directora do centro como presidenta, por un mestre/a,  por un pai/nai/titor e por un membro do persoal de administración e servizos, así como os seus suplentes por cada sector.

     A primeira das funcións desta Xunta será establecer un calendario de actuacións neste proceso que se desenvolverá ata o mes de decembro, data na que se constituirá o novo Consello Escolar.

     Unha vez constituída a Xunta, mandarase información sobre os seguintes pasos do proceso.

 

A Dirección

ENTRADAS E SAIDAS CURSO 2021-2022

ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022

ENTRADAS EDIFICIO COVADONGA

     As portas abriranse ás 09.30 horas. A persoa responsable irá chamando ao alumnado por cursos, de maior a menor, que irán facendo filas onde se lles indique, respectando sempre a distancia de seguridade e con máscara obrigatoria. Cada aula subirá con un profe.

SAÍDAS EDIFICIO COVADONGA

     A saída do alumnado que non utilice o servizo de comedor será ás 14:25 horas, na mesma orde que se produciron as entradas.

     O alumnado de comedor comerá na primeira quenda (14:20 horas), e a súa hora de saída do centro será ás 15:15 horas.

 

ENTRADAS EDIFICIO EIROÁS

     A porta principal abrirase ás 09.30 horas. Por esa porta entrarán, seguindo esta orde, 2º primaria, 1º primaria e despois o alumnado de infantil, que só poderá entrar acompañado dun adulto, con máscara e respectando as normas e distancias de seguridade. A persoa responsable indicará ao alumnado onde se ten que situar ao entrar ao centro.

     O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, entrará polo portalón de atrás, que dá acceso ao campo de fútbol sala. Esa porta abrirase ás 09.35 horas. Entrarán por aulas de maior a menor, e a persoa responsable indicaralles o lugar onde se teñen que situar para posteriormente subir ás aulas acompañados polo profesorado responsable.

SAÍDAS EDIFICIO EIROÁS

     A saída do alumnado que non utilice servizo de comedor producirase pola mesma porta pola que entrou, e na mesma orde, a partires das 14.25 horas.

     O alumnado que utilice o servizo de comedor, que será a 2ª quenda, esperará nas filas no sitio que se lle indique, respectando a distancia de seguridade e con máscara, onde estarán as colaboradoras que os acompañarán ao edificio de Covadonga.

 

     Todos estes procedementos, una vez que estean dentro do edificio do cole, realizaranse en grupos de convivencia estable, procurando que os nenos e nenas da mesma aula estén sempre xuntos e á súa vez, separados do resto de aulas.

AVISO IMPORTANTE

COMEZO DAS CLASES

Lémbrase a toda a comunidade educativa que o comezo das clases, segundo indicacións da Consellería de Educación, será escalonado.

Deste xeito, o día 10 de setembro (xoves), comezarán os cursos de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

O día 11 de setembro (venres), comezarán os cursos de 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

SERVIZO DE COMEDOR

En relación ao servizo de comedor, lémbrase tamén que todos aqueles usuarios que queiran utilizar ese servizo, terán que ter entregados todos os papeles de solicitude antes do día de inicio das clases, senón non terán dereito a comer no colexio.

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS

LISTAXES PROVISIONAIS PUBLICADAS DE FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR EN PRIMARIA.

Pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais e polo Protocolo de Protección de Datos da Xunta de Galicia, non poden ser publicadas as listaxes na web. Só consultalas no centro ou ben, directamente na aplicación Fondo de Libros mediante a Chave 365 ou con certificado dixital. Por teléfono non se poden dar datos.

 

RECLAMACIÓNS: 2-6 XULLO

LISTAXES DEFINITIVAS: 7 XULLO

ENTREGA DE VALES: 8-9-10 XULLO (10.00h- 13.00h)

                               1-2-3-4 SETEMBRO (10.00h- 13.00h)

Os libros de empréstito entregaranse nos primeiros días de clases.

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS

A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS É A MESMA QUE A PROVISIONAL.

TODO O ALUMNADO QUE A SOLICITOU, ACADOU PRAZA.

PARA CALQUERA DÚBIDA E/OU CONSULTA CHAMAR AO 988783080/82

     O PERÍODO DE MATRÍCULA SERÁ DO 1 AO 10 DE XULLO.

                          HORARIO: 10.00h-13.00h

Distribuir contido


by Dr. Radut