Skip to Content

DATAS ESCOLARIZACIÓN CURSO 2022-2023

O proceso pódese facer de xeito presencial, entregando os papeis na Secretaría do Centro, ou de xeito telemático, a través da aplicación AdmisiónAlumnado.

ENTROIDO 21-22

Entroido 2022 - Ed. Secundaria - Colexio Alborada

 

IMOS A PEREGRINAR POLO ENTROIDO....

AQUI TEDES UNHA DIVERTIDA RULETA DE PALABRAS!!!

 

Ruleta de palabras: Repaso de estructuras

 

 

VIVAN AS PITAS!!!!

  

INSTRUCIÓNS PARA A CORENTENA DUN CONTACTO ESTREITO DUN CASO DE COVID-19

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO COVID-19

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021-2022

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da SecretaríaXeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, haberá eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar entre os días 22 e 26 de novembro de 2021.

 

COMEZO DE CURSO

COMEZO DAS CLASES

Lémbrase a toda a comunidade educativa que o comezo das clases será o xoves día 9 de setembro ás 09:30h.

 

SERVIZO DE COMEDOR

Lémbrase que todos aqueles usuarios que queiran utilizar ese servizo, terán que ter entregada a documentación de solicitude antes do día de inicio das clases (9 de setembro), senón non terán dereito a comer no colexio.

 

REUNIÓNS INFORMATIVAS sobre o  PROTOCOLO COVID-19

  - Martes 7 de setembro ás 16:00h.: familias con fillos/as en Ed. Infantil e/ou 1º de Ed. Primaria.

  - Martes 7 de setembro ás 16:30h.: familias con fillos/as en 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria.

  - Martes 7 de setembro ás 17:00h.: familias con fillos/as en 5º e 6º de Ed. Primaria.

 

FONDO LIBROS: listaxes provisionais admitidos e excluídos

Desde o venres 9 de xullo están publicadas no taboleiro interior do centro, as listaxes coa adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º ou 4º de primaria para o curso 2021-2022.

O prazo para a reclamación á listaxe provisional será de dous días tras a publicación: 12 e  13 de xullo de 2021.

As listaxes definitivas sairá publicadas o 14 de xullo de 2021.

Os libros entregaranse aos alumnos/as no Centro durante o mes de setembro.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

Relación de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022. No primeiro arquivo tedes os libros correspondentes ao Edificio de Covadonga, e no segundo, os correspondentes ao Edificio de Eiroás.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

Dende hoxe día 21 de maio e ata o 22 de xuño, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e a adquisición de libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso académico 2021-2022.

 

Consulta información:Orde do 6 de maio de 2021

Participación:www.edu.xunta.gal/fondolibros

 

Distribuir contido


by Dr. Radut