Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Estimadas familias:

Informámoslles de que xa está dispoñible o impreso de solicitude de comedor para o curso 2022-2023.

Poden descargar o documento no arquivo adxunto ou solicitar unha copia impresa na Secretaría do centro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023. Actualizado o 5/08/2022.

FONDO LIBROS: listaxes provisionais de admitidos e excluídos.

Desde o luns 27 de xuño estarán publicadas no taboleiro interior do centro, as listaxes coa adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º ou 4º de primaria para o curso 2022-2023.

O prazo para a reclamación á listaxe provisional será de dous días tras a publicación: 28 e 29 de xuño de 2022.

As listaxes definitivas serán publicadas o 30 de xuño de 2022.

Os libros da listaxe definitiva entregaranse aos alumnos/as no Centro durante o mes de setembro.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/23

Dende hoxe día 19 de maio e ata o 22 de xuño, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso académico 2022-2023.

O impreso de solicitude poderá descargarse do arquivo adxunto ou poderá recollerse no centro. 

As solicitudes poderán presentarse por sede electrónica ou de forma presencial no centro.

Publicación das listaxes definitivas das solicitudes de admisión para o curso 2022 - 2023

Todos os alumnos e alumnas que presentaron a solicitude no noso centro, están admitidos/as para o vindeiro curso 2022-2023.

As listas están expostas no taboleiro de secretaria.

Recordámoslles que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2022.

SERÁN DAS LETRAS GALEGAS 2022

Este venres, 13 de maio, celebramos no centro o SERÁN DAS LETRAS GALEGAS 2022.

Foi unha fermosa xornada de obradoiros, recitado de poemas, cantigas, bailes galegos, dramatización de contos, pandeireta, música en directo e moita, moita diversión.

                                  

Publicación das listaxes provisionais das solicitudes de admisión para o curso 2022 - 2023

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias comunicamos que todos os alumnos e alumnas que presentaron a solicitude no noso centro, están admitidos/as para o vindeiro curso 2022-2023.

As listas están expostas no taboleiro de secretaria.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

25 DE ABRIL ÁS 14:30h.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

13 DE MAIO ÁS 14:30h.

MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO

DO 20 AO 30 DE XUÑO

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E PARA COMEDOR ESCOLAR

Estas axudas teñen por obxecto apoiar económicamente ás unidades de convivencia empadronadas no Concello de Ourense para a compra de libros e material escolar e comedores escolares.

Son destinatarios desta convocatoria as unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros:

  • Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
  • Que a capacidade económica anual non exceda de 4.000 euros por membro da unidade de convivencia (renta per cápita) para as axudas de libros e material escolar, e de 3.700 euros por membro da unidade familiar, para as axudas de comedor.

Máis información, no seguinte enlace: https://sede.ourense.gob.es/public/catalog-detail/axudas_libros_comedor

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2022/2023

Do 1 ao 21 de marzo poderán realizar a solicitude de admisión a través da aplicación admisiónalumnado.

                        

                               Toda a información nos documentos adxuntos:

 

Días NON LECTIVOS en febreiro

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado os seguintes días por vacacións de entroido:

 - Luns, 28  de febreiro

 - Martes, 1 de marzo 

-  Mércores, 2 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut