Skip to Content

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024.

FONDO LIBROS: listaxes provisionais de admitidos e excluídos.

Desde o luns 26 de xuño estarán publicadas no taboleiro interior do centro, as listaxes coa adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º ou 4º de primaria para o curso 2023-2024.

O prazo para a reclamación á listaxe provisional será de dous días tras a publicación: 27 e 28 de xuño de 2023.

As listaxes definitivas serán publicadas o 30 de xuño de 2023.

Os libros da listaxe definitiva entregaranse aos alumnos/as no Centro durante o mes de setembro.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA - CURSO 2023-24

Todo o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 20 ao 30 de xuño.

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023/24

Dende o día 20 de maio e ata o 21 de xuño incluídos, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso académico 2023-2024.

O impreso de solicitude poderá descargarse do arquivo adxunto ou poderá recollerse no centro. 

As solicitudes poderán presentarse por sede electrónica ou de forma presencial no centro.

SERÁN DAS LETRAS GALEGAS 2023

Este martes, 16 de maio, celebraremos no centro o SERÁN DAS LETRAS GALEGAS.

Fermosa xornada de música en directo, obradoiros, recitado de poemas, cantigas, baile; homenaxe ao poeta, ensaista, escritor, mestre... Francisco Fernández del Riego.

Publicación das listaxes definitivas das solicitudes de admisión para o curso 2023-2024

Todos os alumnos e alumnas que presentaron a solicitude no noso centro, están admitidos/as para o vindeiro curso 2023-2024.

As listas están expostas no taboleiro de secretaria.

Recordámoslles que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2023.

Días NON LECTIVOS no mes de maio

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado os seguintes días no próximo mes de maio:

 - Luns, 1 de maio

 - Martes, 2 de maio 

-  Mércores, 17 de maio.

AVISO para as familias de nova incorporación

Todo o alumnado que solicitou praza no noso colexio está admitido.

Vacacións por Semana Santa

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive, por vacacións de Semana Santa.

Comunicación

Estimada comunidade escolar, informarlles que o dereito a "cobro" dos premios sinalados nas rifas (para a saída cultural do alumnado de 6º) caduca ao tres meses, contados a partir do día seguinte ao da celebración do sorteo.

Distribuir contido


by Dr. Radut