Skip to Content

Biblioteca Escolar

VISITA DE PEPE CARREIRO

Esta semana recibimos unha visita moi especial no cole. 

Veu Pepe Carreiro, o creador de "Os Bolechas".

Desde fai tempo encántanos ollar, ler e que nos lean as aventuras de Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e o seu can, Chispa.

Pepe Carreiro amosounos o ben que debuxa. Debuxounos un montón de animais pero o que máis ilusión nos fixo foi ver como debuxaba a Chispa!

Disfrutamos un montón nenos, profes e tamén Libruxa.

 

23 de abril: DÍA DO LIBRO

O pasado xoves 23 de abril, celebramos o Día do Libro no noso colexio cunha actividade moi entrañable e compartida: "MADRIÑAS E PADRIÑOS"
As madriñas e padriños (Alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria) foron buscar as súas clases os seus afillados/as:  nenos e nenas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Xuntos elixiron un rincón de lectura no patio do centro para contarlles ou lerlles un conto escollido na Biblioteca Escolar e preparado con moito agarimo para os seus afillados.Todos o pasaron moi ben e pedíronlle a Libruxa repetir a experiencia.

30 de xaneiro: DÍA MUNDIAL DA PAZ 2015

O pasado venres 30 de xaneiro celebramos todos xuntos o Día Mundial da PAZ:

Compartimos un traballo de investigación sobre MALALA YOUSAFZA, unha nena paquistaní que con solo 17 anos consegue o Premio Nobel da Paz 2014. Unha das súas frases máis célebres é: "Un neno, un profesor, un lapis e un libro poden cambiar o mundo".

Tamén cantamos todos xuntos a canción: "Los niños queremos la Paz" para rematar en paz e con apertas....

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 de outubro)

Foi un día moi especial na Biblioteca Escolar do noso centro. Libruxa invitounos para explicarnos os motivos polos que quere viaxar ao País das 1001 Bruxas.... Aproveitou para presentarnos unha boa amiga que coñeceu este verán e que se chama coma ela: LIBRUXA.
Nós, un pouco sorprendidos e tristes pola noticia pedímoslle que se quedara connosco ata despois do Samáin. Tamén queremos darlle a benvida á nova Libruxa e propoñerlle ideas para este novo curso...Imos escribirlles cartas!

 

                   E podes volver a ler a carta escrita por Libruxa:
 

A carta de Libruxa

 
Distribuir contido


by Dr. Radut