Skip to Content

Biblioteca Escolar

Entrega de diplomas

Antes de despedirse de todos os alumnos do centro, Libruxa quixo que fixeramos entrega duns diplomas aos ganadores dos concursos convocados para o deseño dos personaxes e da portada do cómic: Iria Pardo (6ºA) e Lucía e Nausica (4º)

 

 

E ademais, tamén quixo despedirse dos alumnos e alumnas de sexto que se nos marchan do cole e aos que imos botar moito de menos. Desexámoslles o mellor na súa nova aventura!

Monicreques Monte Castelo

Un grupo de alumnas do IES Monte Castelo visitou a nosa biblioteca para representarlle aos nenos de 4 anos  unha pequena obra con Monicreques. Tratábase dunha adaptación da popular obra dos "Músicos de Bremen" que a todos nos gustou moito. Gracias a este grupo de nenas que nos fixeron disfrutar moito coa súa representación.

 

 

MIRCROMINA VISITA O NOSO COLE

O pasado venres 22 de maio, todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria do centro disfrutou dun magnífico espectáculo de títeres e música en directo co espectáculo da Compañía Mircromina: "Martín, Martín". Martín é un neno obsesionado coas pantallas que descubre outro xeito de facer as cousas, o da súa avoa Margarita. Ela é quen de amosarlle o valor da creatividade a través da atención e do traballo propio, regalándolle un lápiz moi especial.
Aproveitamos tamén para agradecer a colaboración tanto económica como organizativa da Asociación de Nais e Pais do CEIP Vista Alegre por levar a cabo as xestións necesarias e poder traer o espectáculo ao colexio..

Grazas á nosa ANPA pola súa colaboración!

A VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Hoxe Libruxa tíñanos preparada unha sorpresa moi especial... Na hora de ler visitounos Paula Carballeira que ademais de actriz, é escritora... 

Pasamos un rato moi divertido no que cos seus contos rimos e berramos sen parar.

Agradecémosche moito a túa visita, tanto a Libruxa como a alumnos e profes encantounos o teu paso polo noso cole!

Distribuir contido


by Dr. Radut