Skip to Content

Dinamización Lingüística

As verbas do camiño

OBXECTIVO DA ACTIVIDADE

  • Fomentar o uso e a valoración da nosa lingua.
  • Potenciar a creatividade do alumnado.
  • Traballo en familia.

 

ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE

1º Investigando e creando en familia

Durante o mes, cada alumno/a investigará con axuda da súa familiapalabras galegas: en desuso, con sonoridade, que lles gusten, que lleescoiten a seus avós... ou simplemente palabras galegas que chamen a súa atención. Unha vez decidida a palabra, buscará o seu significado e elixirá a forma de presentala no colexio (decorada en papel, digitalmente...).

 

2º As Verbas chegan a clase

O último xoves de cada mes, o "xoves galego", na hora de ler (ou noutro momento que decida a clase) compartirán as palabras de todos/as alumnos/as da clase e elixirán/acordarán, por votación,a que máis lles guste, que se convertirá na palabra do mesa da clase. Esa palabra irá parar ao MURO DAS VERBAS.

 

3º Envío ao EDNLG

Enviaremos á coordinadora esta palabra para que a coloque no muro físico das verbas e a inclúa no muro das verbas en formato Dixital (palabra e significado).

 

4º O Muro das verbas do Vista Alegre

Ademais, a final de curso, elixiremos un muro do colexio, no que o alumnado de sexto de primaria, escribirá as VERBAS DO CAMIÑO, deixando así a súa pegada do seu paso polo centro.

Eu uso o galego para...

 Como sabedes o día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, conmemorando a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Este ano, o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, un poeta, dramaturgo e profesor galego.

Nós dende o EDLG agradecemosvos a todos/as a vosa participación nesta actividade proposta para celebrar xuntos o día da nosa lingua.

Aquí vos deixamos o video final:

Deixávosmos algúns enlaces de interese para que saibades más cousiñas do Día das Letras Galegas e de Carballo Calhero.

https://primaveradasletras.gal

https://aulasgalegas.org/especial-letras-galegas-2020-ricardo-carvalho-calero/

Día das Letras Galegas: #Eu uso o galego para...

Achégase o día 17 de maio, Día das Letras Galegas, e como cada ano, aínda que sexa dende as nosas casas, queremos animarvos non só a celebralo de forma virtual, senón e sobre todo, a empregar a nosa lingua, o galego. Por iso vos invitamos a participar neste video que preparamos con moito agarimo, para que vós e as vosas familias participedes continuándoo. 

 

 Aquí tedes as instrucións! 

Esperamos os vosos vídeos ata o 10 de maio!

Se tedes algunha dificultade para enviárnolo, escribídenos un mail e trataremos de axudarvos a solucionalo!

Distribuir contido


by Dr. Radut