Skip to Content

Dinamización Lingüística

Letras galegas 2016

Desta vez utilizamos a realidade aumentada para aprender cousas sobre o homenaxeado deste ano: Manuel María. Elaboramos un mural "máxico" con moitas preguntas sobre dito autor. Para coñecer a resposta tan só tíñamos que acercar a tablet a cada pregunta e como por arte de maxia aparecíanos un vídeo cos nenos e nenas da clase de 5 anos B (grazas!) respostándonos.

A continuación deixámosvos un vídeo no que primeiro vos ensinamos o mural e no que despois aparecen algunhas fotos do alumnado en plena acción de aprendizaxe! 

Disfrutamos co teatro!

O venres 13 de maio, disfrutamos no noso colexio de dúas obras de teatro moi especiais.

En primeiro lugar, "O cazo de Sabela" intepretado polos rapaces e rapazas da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. Unha obra con un grande mensaxe que nos encantou!

Ademais, Magalí, Lola, Yaiza, Maite, Xiana e Jimena, as nenas que participan na actividade de teatro con Tamara Casabella prepararon "A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz". Tamén nos encantou!

Noraboa a todos polo voso traballo e grazas á nosa ANPA polo seu traballo e a súa colaboración!

Correlingua 2016

CORRELINGUA 2016

Este ano, todo o alumnado de Educación primaria do noso centro participou na gran festa do Correlingua celebrada en Burela.

Podes ler máis información nos seguintes enlaces e tamén podes ver fotos e vídeos do evento.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/burela/2016/05/05/correlingua-reune-burela-1600-estudantes-marinans/00031462463636918603439.htm

050516 Foto Correlingua

http://www.lavozdegalicia.es/album/amarina/2016/05/05/correlingua-burela/01101462464406670445215.htm

Distribuir contido


by Dr. Radut