Skip to Content

5º e 6º Primaria

CHEGARON AS TABLETAS!!!

Chegaron por fin os ultraportátiles ás clases de 5º curso. 

Rosana esplicounos as normas de uso e o funcionamento das tabletas. Estamos desexando traballar con elas.

INVESTIGAMOS SOBRE A AUGA

Na clase de 5º A andamos a facer un traballo sobre A AUGA. Esta vez temos que seguir un guión que nos deu a profe. Buscamos información en internet, en libros da biblio e tamén no libro de Coñecemento do Medio.Tomamos apuntes na libreta; seleccionamos e escribimos a información tendo en conta os puntos do guión.

Desta vez, o traballo, témolo que presentar escrito á man.

                                                                                                                      Buscando información

 

E así está o taboleiro con todos os traballos.


TRABALLAMOS COA PRENSA

As nenas e nenos de 5º estivemos a traballar coa prensa. Limos diferentes xornais, comparamos as distintas seccións, noticias.....e tamén nós redactamos  noticias.

Así celebramos o DÍA DE ROSALÍA

Despois de buscar información sobre Rosalía, unha das nosas poetas preferidas, escollimos unha estrofa ou unha frase e unha ilustración para facer o marcapáxinas. Como nos gusta moito ler, disfrutamos presentando o noso traballo @s compañeir@s.
Distribuir contido


by Dr. Radut