Skip to Content

5º e 6º Primaria

6º. Nadal 2013.

                  Os alumnos e as alumnas de 6º desexan a todos/as un  Bo  Nadal.

                      

CONTOS PARA TODO O MUNDO E PARA UN MUNDO DE TODOS

O pasado luns asistimos a unha obra de teatro no auditorio municipal e tamén visitamos unha exposición de fotos da xente de Cabo Verde.

ANTÍA, WAMBA e o regato pequeno era o título da obra da compañía Tropa de Trapo. Conta historias de duas personaxes, Antía, unha nena galega, e Wamba un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa.

Falamos de COMPARTIR.

TRABALLOS NAVIDEÑOS

 

As nenas e nenos de 5º B estivemos facendo traballos con motivo do NADAL.

Fixemos postais e recetas típicas desas datas.Algún destes traballos enviarémosllo aos nosos compañeiros do proxecto europeo.

Esto é algo do que fixemos.

 

 

     

 

                                                     

 

GUISO DE CONTO ORAL

   Receita tradicional:

GUISO DE CONTO ORAL

Ingredientes:

 

  • Xoanetes do príncipe de Blanca Neves.
  • Dúas meixelas de Aurora (a princesa da Bela Durminte)
  • Dous tercios de cabelo de Bela (a princesa da Bela e a Bestia)
  • Unha pata da bruxa de Hansel e Gretel.
  • Pócima da bruxa de Hansel e Gretel.

 

Elaboración:

Collemos as meixelas de Aurora e metémolas xunto aos xoanetes nunha mochila e axitamos.

A continuación collemos os dous tercios do cabelo de Bela e rebozámolos na pócima.

O seguinte paso é meter o cabelo rebozado na mochila. Axitámolo todo e  remexemolo coa pata da bruxa para darlle sabor.

Aviso: Esta receita é para xente máxica. Recoméndovos non tomala.

(Sen graxas e 100% san)

Nuria Bermúdez 5ºA

Distribuir contido


by Dr. Radut