Skip to Content

5º e 6º Primaria

CONFECCIONAMOS OS NOSOS DISFRACES

Estivemos un pouquiño atarefad@s facendo os disfraces, pero ao final pensamos que mereceu a pena pois quedaron moi ben. As clases de 5º imos de CABALEIROS DE MALTA xa que no proxecto europeo que estamos levando a cabo é o país sobre o que investigamos e presentamos a todo o cole.

Aquí tedes o resultado

 



MENCIÑAS PARA LOGRAR A PAZ

Gustounos moito familiarizarnos coa linguaxe dos prospectos das menciñas aínda que non é moi fácil.

Aquí tedes uns cuantos das menciñas que nos axudarían a conseguir a PAZ.

LEMOS CIENCIA NA BIBLIOTECA

 

Con un pouco de retraso mostrámosvos os traballos de investigación feitos na biblioteca e relacionados coa ciencia.

TALLERES DE CERÁMICA

Hoxe tocounos o taller de cerámica ao 3º ciclo. Estivemos traballando con Manolo Miranda. Primeiro explicounos que iamos facer unha lucerna, un obxecto que xa utilizaban os romanos para alumarse. Trátase dun recipiente de barro no que se bota aceite e  ponse unha mecha de corda á que se prende lume.

Despois cada un fixemos a nosa lucerna: estiramos o barro, colocámolo nos moldes e sacámolo con moito coidado. Pegamos as dúas partes ben pegadiñas e Manolo axudounos a facer os buratos para botar o aceite e poñer a mecha. Están decoradas con figuras mitolóxicas como Pegaso, etc.



Distribuir contido


by Dr. Radut