Skip to Content

5º e 6º Primaria

As fotos de "Gústame o galego!"

Xa aparecen publicadas as fotos da sesión de fotocol da campaña GÚSTAME O GALEGO!

GÚSTAME... o galego!

Hoxe, por fin, estivemos divertíndonos coas fotos que nos tiraron dentro da actividade Gústame... o galego!

O mércores, 15 de maio, co gallo da celebración da Semana das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística trouxo ao noso centro a campaña Gústame... o galego!

Actividade "O mundo do mar" - 3º Ciclo

No marco das actividades que promove o Equipo de Dinamización Lingüística, convidamos á xente de Burela que ten moitas cousas que nos contar sobre a súa relación co mundo do mar.

E non podía ser menos, recibimos a visita de Balbino, un mariñeiro xubilado con moitas gañas de compartir connosco as súas vivencias en alta mar e xa desde moi cativo, tanto como o alumnado que asistiu a esta amena charla que tivo lugar na Biblioteca de Libruxa.

Aquí vos vai un pequeno resumo gráfico da súa exposición e máis abaixo un vídeo no que nos fala das...

Chala de Balbino, mariñeiro de Burela

Vídeo sobre as aventuras e desventuras nas GALERNAS NO MAR CANTÁBRICO, onde non sempre era doado voltar a terra e poder contalas...

 

VISÍTANOS O ESCRITOR GONZALO MOURE

O 8 de abril veu Gonzalo Moure a falarnos dos seus libros e da súa vida aos nenos e nenas de 5º e 6º na Biblioteca. Máis tarde fixémoslle preguntas sobre como creaba os seus personaxes, que tipo de libros lle gustaban, por que se fixo escritor...

Ao final, dedicounos un poema a todos e a algúns asinoulles un autógrafo.

Pero isto non remata aquí, posto que estamos a redactar unha entrevista sobre todo o que aconteceu ese día tan memorable. Poderedes ler o resultado proximamente na nosa revista do cole  Vistalegrín.

O Consello de Redacción

Distribuir contido


by Dr. Radut