Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

XORNADA DE XADREZ

O martes 3 de outubro todo o alumnado de primaria desfrutou dunha xornada de iniciación ao xadrez. Explicacións, xogo, dinámicas.. unha actividade moi completa e entretida.

Agradecer ao Club Xadrez Lethes esta visita.

  

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA

OBRADOIRO STEAM CON PAOLA GUIMERÁNS

Obradoiros con Paola Guimeráns, experta en Deseño, Téxtiles intelixentes e ensinanzas STEAM.

Desenvólveronse 3 talleres nos que as rapazas e rapaces crearon circuítos, camisetas intelixentes e cómics interactivos  partindo do proceso de "deseñar facendo".

1- Comezamos con Circuitos en papel, o alumnado de 4º fixo circuítos eléctricos con papel condutor e un LED,  co que iluminou unha casiña construída con papiroflexia. 

2- Placa Make Makey. En 5º programaron con scratch e deseñaron un cómic interactivo.

3- Microbit e Make Code neste  obradoiro  a rapazada de 6º deseñou unha camiseta con luces, música, detectores de temperatura... traballando en equipo,  creou programas sinxelos descubrindo as posibilidades da placa microbit. 
 

Este obradoiro enmárcanse no proxecto Biblioteca Creativa 

heroes no cole patapum

Dá comezo o novo curso escolar. 

A actividade lectiva comeza o luns, 11 de setembro.

O horario é de 9.00 a 14.00. (haberá servizo de transporte e comedor)

 Algunhas datas de interese deste curso escolar. Calendario escolar para descargar en pdf.

GRADUACIÓNS

E por aquí un recordo para as nosas graduadas e graduados

 

Podedes ver as fotos accedendo á GALERÍA

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

Nos arquivos adxuntos detállanse os libros de texto e material escolar para Educación Infantil e os libros de texto para Educación Primaria.

 

A REUNIÓN DE INICIO DE CURSO SERÁ O MÉRCORES DÍA 6 DE SETEMBRO:

- EDUCACIÓN INFANTIL ÁS 11:00

- EDUCACIÓN PRIMARIA ÁS 12:00

 Remata a Educación Primaria para os maiores do cole!

Durante estes anos medrastes en coñecementos e valores, estamos orgullosos de todos vós e publicamos este vídeo de momentos únicos do voso paso por infantil e primaria. Desexámosvos o mellor!promoción 6º

E non esquezades que este será sempre o voso cole.

GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL

Xa estamos a piques de rematar este curso, co que finaliza unha fermosa etapa chea de vivenzas que non imos esquecer.

A titora Laura e todas as profes que estivemos con vós en infantil, desexámosvos,

MOITA SORTE EN PRIMARIA!

promoción inf 2023 

Os nenos e nenas de 6º de infantil xa están listos para que xogues con eles a gradualos/as  

a

Excursión final de curso 6º

O alumnado de 6º de Primaria non podía quedar sen saída de fin de etapa. Tres días no camping "Os Fieitás" onde disfrutaron de excursións ao monte, parque multiaventura, xogos na praia, intermareal, kayak, veladas nocturnas...

Xornadas de convivencia entre rapaces e rapazas que levan toda a vida xuntos. Unha experiencia inolvidable.

Preme na imaxe para acceder á galería

CASA DO PATRÓN 1º E 2º

E tamén as nenas e nenos de 1º e 2º marcharon a Lalín, á Casa do Patrón, onde visitaron o museo, fixeron papel, elaboraron queixo, comeron todos xuntos e xogaron un motón.

Unha gran xornada de convivencia e aprendizaxe.

Premede na imaxe para ver máis

 

Distribuir contido


by Dr. Radut