Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

SAÍDA TRENCIÑO EI

Hoxe as nenas e nenos de Educación Infantil marcharon de viaxe no Trenciño.

Subiron na estación da Praza Maior chegando á estación de Outariz.

Alí disfrutaron do entorno natural, fixeron taller de maquillaxe, construíron cabanas con paus, pedras....buscaron o tesouro, pasearon a carón do río, etc.

Premede na imaxe para ver máis.

 

SAÍDA "ACOUGO" 4º

Hoxe as nenas e nenos de 4º de Primaria marcharon a Villamarín, ao centro de ocio na natureza "Acougo".

Foron moitas as actividades realizadas:  tiráronse pola tirolina, construíron cabañas, pasearon en barca por un lago cun "crocodilo", alimentaron e viron animais, comeron todos xuntos, disfrutaron de divertidos xogos...

Unha xornada de convivencia inolvidable.

Premede na imaxe para ver máis

 

Visita da Policía

Hoxe visitou o cole unha patrulla da Policía Nacional co seu furgón.

O alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º puido charlar con eles, subir ao furgón, facer soar a serea,  poñer a gorra, manipular a porra, etc. 

Unha mañá moi entretida.

Premede na imaxe para ver máis

Saída Parque Náutico Castrelo de Miño

Hoxe as nenas e nenos de 5º de Primaria experimentaron diversas actividades acuáticas no Parque Náutico de Castrelo de Miño.

Paseo en veleiro, kayak, paddle surf, pedaletas e moitos chapuzóns. Unha mañá moi divertida da que viñemos encantados e agotados!!!

Premede na imaxe para ver máis.

Campamento ANPA xuño 2023

A ANPA do CEIP Vistahermosa organizará un campamento a finais do mes de xuño para facilitar a conciliación familiar.

Será os días 22,23,26,27,28,29 e 30, con posibilidade de escoller horario:

- actividade (9:00-14:00)

- acollida temperá (a partir das 8:00)

- comedor (recollida ás 15:30)

Desenvolverase integramente nas instalacións do CEIP Vistahermosa, pero poderán inscribirse nenas e nenos matriculados noutros centros.

A inscricion poderase enviar por correo electrónico directamente a Ocitem ou entregala na conserxería do centro

Información e follas de inscrición no pdf adxunto.

 

 

Saída Casa do Patrón 3º

O venres as nenas e nenos de desplazáronse ata A Casa do Patrón, onde realizaron diferentes obradoiros (cestería, reciclado de papel...) , visitaron o Museo Etnográfico e disfrutaron dun entorno natural.

Se queredes ver máis premede na seguinte imaxe.

Concilia verán 2023 Concello de Ourense

Xa están publicados os prazos e toda a información sobre as ACTIVIDADES CONCILIA VERÁN organizadas polo Concello de Ourense.

Neste centro impartiranse campamentos xestionados polo Concello durante os meses de xullo e agosto.

Premede na imaxe para acceder a toda a información.

Exposición hórreos

Nestes días as nenas e nenos están recibindo unha charla e vendo unha exposición sobre hórreos e tipos de cereais ubicada na biblioteca do cole.

Actividade dinamizada por Arturo, agradecerlle toda a súa implicación.

Premede na imaxe para ver máis.

 

 

"FEO" de Caramuxo teatro.

Hoxe o alumnado de infantil, asistiu ao auditorio municipal para ver a obra de teatro "FEO" da compañía Caramuxo teatro, dentro do programa de actividades escolares Afundación. 

Inspirado no conto "O Parrulo Feo" de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de goma (Papero Giallo) produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente... 

A obra é un canto á diversidade e á reivindicación da esencia propia, incidindo na importancia de coñecérmonos e aceptármonos como somos.

 

 

A SEDA E OS SEDEIROS DE GALICIA

Clase de historia e ciencias - A seda, orixe, historia e fabricación. 

Pepe Vieito achegouse ao cole a falarnos da seda. Comezou cun breve percorrido pola historia da seda, a ruta da seda, a chegada da seda á península, do gremio da sedaría en Monforte, do ciclo vital dos vermes e da fibra que se obtén.

Contounos que a industria da seda foi introducida en Galicia, polos monxes beneditinos na Ribeira Sacra no s. XIV e que os condes de Lemos impulsaron esta arte de luxo. 

Dos vermes de seda tamén aprendemos moitas cousas, a súa vida curiosa e breve, a súa fame voraz e selectiva (só follas de moreira), a obtención da seda... 

Algo  que nos sorprendeu a todas/os foi saber que os vermes xa non son quen de sobrevivir en liberdade, ao levar tantos séculos sendo alimentados e coidados, esqueceron o seu instinto de supervivencia.

Seda e sedeiros de Galicia

Para saber máis lede este artigo de Pepe publicado na Revista Raigame núm XVIII "O cultivo da seda en Galicia"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut