Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Actividades mensuais

PROGRAMACIÓN MESES

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES MES DE MAIO 24

 

 

 

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES MES DE ABRIL 24

 

 

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES MES DE MARZO 24

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES MES DE FEBREIRO 24

 

 

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES MES DE XANEIRO 24

 

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES MES DE DECEMBRO

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES MES DE NOVEMBRO

 

ACTIVIDADES XUÑO 2023

 

Achegámosvos a nota informativa coas actividades do mes de xuño, que tamén podedes consultar na axenda de eventos da web de Espazo Lectura (http://www.espazolectura.gal/eventos/) e nas nosas redes sociais: InstagramFacebook e Twitter
 
Este mes de xuño a biblioteca de Espazo Lectura (situada no soto do edificio da Praza das Escolas Vellas) só abrirá para devolución de libros, nas datas e horario indicados na nota. 
Por outra banda, o club de narrativa Sete Vidas, o Club Lecturas Debuxadas, o club de lecturas feministas Daquelas que Len e o club de lectura compartida Lendo Contigo celebran a última sesión desta tempada. 
 
Como cada ano, non haberá actividades nos meses de xullo, agosto e setembro.
 
Desexámosvos un verán cheo de lecturas e vémonos de novo en outubro!
 
 
O equipo de Espazo Lectura

CONTOS EN CUEIROS VENRES 26 DE MAIO

O próximo venres 26 de maio ás 18 horasna Biblioteca Municipal de Gondomarpoderemos disfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros para acompañar aos nenos e nenas de 0 a 3 anos no seu inicio coa lectura"Polo camiño" será a derradeira sesión desta tempada.  

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.

Criterios de inscrición:

Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 24 de maio contosencueiros@gmail.com e facilitar:

 

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2020 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

ESPAZO LECTURA- ACTIVIDADES MENSUAIS 22-23

SEMANA DO LIBRO E A LECTURA

O luns 17 de abril comeza a Semana do Libro e a Lectura que, como cada ano, organiza a asociación Espazo Lectura. Achegámosvos o cartel coa programación para que, desde os centros educativos, difundades as actividades e que poidan chegar a un maior número de persoas que poidan estar interesadas en participar. 

 
Luns 17 de abril
SESIÓN ESPECIAL DO CONTOMAR E CONTOS EN CUEIROS, ás 18:00 na PRAZA ROSALÍA DE CASTRO.
Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco.
 
CLUB DE LECTURA SETE VIDAS E DAQUELAS QUE LEN, ás 20:00 NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE GONDOMAR.
A culpa, de María Solar (Xerais). Contaremos coa presenza da autora.
 
Martes 18 de abril
SESIÓN ESPECIAL DO LECTURAS DEBUXADAS, ás 20:00h na BIBLIOTECA MUNICIPAL DE GONDOMAR.
Manual de escola, de Xosé Tomás.
 
Venres 21 de abril
SESIÓN DE CONTOS EN CUEIROS (para bebés de 0-3 anos), ás 18:00h na BIBLIOTECA MUNICIPAL DE GONDOMAR.
É preciso inscrición previa
 
Sábado 22 de abril
SESIÓN DO CLUB DE LECTURA COMPARTIDA LENDO CONTIGO, ás 12:00h NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE GONDOMAR.
O secuestro da bibliotecaria, baseado no conto de Margaret Mahy. 
 
NOITE GOLFA COMPARTIDA CO COMANDO LE, ás 22:00h no IES AUGA DA LAXE
Espectáculo: ALDAOLADO 
É preciso inscrición previa.
 
Domingo 23 de abril
XVI EDICIÓN DO DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER, de 12:00 a 14:00h no Keik (Gondomar)
 
AUDITORIO LOIS TOBÍO DE GONDOMAR, ás 19:00h.
Espectáculo: O secuestro da bibliotecaria, por Sarabela Teatro.
Reservas de entradas en: https://taquilla.concellodegondomar.gal
 

 

 

CONTOS EN CUEIROS PROGRAMACIÓN MENSUAL

 DECEMBRO 22

O próximo venres 16 de decembro ás 18 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, poderemos disfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros para acompañar aos nenos e nenas de 0 a 3 anos no seu inicio coa lectura. Nesta ocasión contaremos "Bos días, boas noites. Un conto sensorial sobre rutinas diarias".

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.

Criterios de inscrición:

Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 14 de decembro a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2019 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

NOVEMBRO 22

O próximo venres 25 de novembro ás 18 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, poderemos disfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros para acompañar aos nenos e nenas de 0 a 3 anos no seu inicio coa lectura. Nesta ocasión voltamos con un conto sensorial "Oso busca un lugar onde durmir".

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.

Criterios de inscrición:

Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 23 de novembro a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2019 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

 

Día do libro

Prezados socios e socias:

 

Con motivo da celebración do Día do Libro, mañá, sábado, 23 de abril, a asociación Espazo Lectura, coa colaboración do Concello de Gondomar, terá lugar o XV Dar de ler coma quen dá de beber, unha sesión de lecturas compartidas en voz alta na que unhas 30 persoas lerán fragmentos de obras que queren compartir cos demais e recomendar. Con esta iniciativa pretendemos celebrar o Día do Libro lendo.

Aínda que a primeira ubicación que estaba prevista era nos xardíns da Casa Peralba, as condicións meteorolóxicas lévanos a que o acto se celebre no edificio do antigo Matadoiro de Gondomar. Con este acto, que comezará ás 19:30 horas e rematará sobre as 21:30 aproximadamente,  poñemos de manifesto a necesidade de levar a lectura a todos os espazos da vida pública. Non é preciso permanecer todo o tempo.

 

Agardámosvos!

 

 

O equipo de Espazo Lectura


 

Semana do Libro e a Lectura

Estimados socios e socias,

Espazo Lectura está a preparar a décimo quinta edición da actividade Dar de ler coma quen dá de beber, a sesión de lecturas en voz alta que celebramos anualmente con motivo da conmemoración do Día do Libro e que se enmarca na Semana do Libro e a Lectura.

 

Como sabedes, esta actividade consiste nunha lectura colectiva  na que, as persoas que o desexen, escollen un texto moi breve dun libro que queiran compartir cos demais.

 

O acto terá lugar o sábado, 23 de abril, o mesmo Día do Libro, nos xardíns da Casa Peralba (e no caso de mal tempo na propia Biblioteca Municipal), entre as 19:30 h e as 21:30 h aproximadamente, aínda que non é necesario estar presente durante todo o acto.

 

Como en ocasións anteriores, gustaríanos reunir arredor de 25 ou 30 persoas nun espazo público para ler. Espazo no que podemos escoitar, compartir e recomendar as lecturas que nos gustan e celebrar así o Día do Libro facendo da lectura un acto de socialización.  

 

 

A idade mínima para participar é de 14 anos.

 

Que teño que facer se quero participar?

- Escolle un fragmento dun libro, preferiblemente en lingua galega, cuxa lectura non exceda os 3 minutos (é moi importante cinguirse ao tempo).

- Comunícanos que queres participar respondendo este correo electrónico ou chamando ao número 608 087 119 e indícanos o título e o nome do autor ou autora seleccionado.

- Para organizar máis facilmente o acto, dinos tamén se prefires ler entre as 19:30 h e as 20:30 h ou entre as 20:30 h e as 21:30 h. Tentaremos, na medida do posible, aternos a esa elección e evitar en todo caso que haxa cambios con respecto á orde fixada.

 

Agardamos poder contar coa túa participación e quedamos á espera das túas novas.

 

Unha aperta.

 

O equipo de Espazo Lectura

Coordinación do XV Dar de ler coma quen dá de beber

Distribuir contenido


by Dr. Radut