CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

CHEGOU O NADAL!

 

Ola a todos e todas!

O día 19 de Dembro foi o gran día do festival do Nadal!Nós, os nenos e as nenas de 3º, estábamos moi contentos pero, tamén, algo nerviosos xa que levábamos moito tempo preparando o noso baile. Cando chegou o momento de actuar e vimos que estaban os nosos pais, nais, irmáns, avós, etc entrounos un pouquiño de medo, xa que queríamos que nos salise moi ben. E, así foi, todos o fixemos estupendamente!Esperamos que vos gustara!Ata a proxima!Unha aperta!