CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

O noso comedor

Información sobre o comedor

O NOSO COMEDOR

      O comedor do noso centro é de xestión directa. Este ano están concedidas prazas suficientes para atender a demanda de todo o alumnado, se o solicitara.

      Está situado na pranta baixa e conta con tres espazos: un comedor máis pequeno con 8 mesas,  outro grande no que hai 15 mesas e a cociña. Dispón de suficiente luz natural, con amplos ventanais, tendo os aseos ao carón do comedor.

O comedor escolar, ademais de contribuír á organización da vida familiar, débese considerar un servizo educativo que ofrece o Colexio. Debe proporcionar a consolidación duns hábitos de saúde e hixiene que os usuarios deste servizo desenvolven no seu ámbito familiar. Tamén debe permitir traballar outros valores como son a solidariedade, a cooperación e a tolerancia.

Este curso entramos no proxecto “Ecocomedores”, programas dependentes da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste-Eurural  que teñen como fin adaptar os menús dos centros escolares a menús equilibrados e saudables para nenos e nenas que inclúan produto local, de tempada e ecolóxico; e tamén emprende accións formativas para o persoal. Podedes atopar máis información premendo AQUÍ e AQUÍ.

 

Empregaremos unha axenda de comedor na que trimestralmente os encargados de comedor transmitirán información ás familias sobre: normas, conducta e hábitos alimenticios e deberán vir asinadas polas familias. 

On noso comedor na Galega!

O venres 5 de marzo saímos na TVG. 

Días antes visitounos un redactor do programa "Fun Polo Aire" para amosarlle a Galica a excelencia do noso comedor, nunha xornada na que se preparou carne richada procedente do criador local-ademáis de pai de alumna do centro- Hugo Martínez .

No programa escoitamos a Hugo, e o seu entusiamo coa produción ecolóxica, ao noso cociñeiro Diego Aboal, explicando a elaboración da súa receita do día, e ao alumnado máis cativo, opinando sobre este plato tan sabroso.

Non perdades detalle a partir do minuto 47' 55''!

 

Acordo Xunta para mellora das condicións na xestión dos comedores escolares

Acordo do Consello da Xunta para incrementar os complementos da xestión dos comedores escolares.

O pasado 15 de novembro a Xunta acordou unhas modificacións na normativa sobre comedores escolares, que afecta tanto ao incremento de  gratificación diaria polo servicio para os responsables e colaboradores, como á posibilidade de incorporar outros membros convivintes na unidade familiar como colaboradores no caso de non ter persoal suficiente.

Adxúntase no enlace o documento do acordo.

Ábrese o prazo para solicitar colaboración no comedor

Ábrese o prazo para solicitar ser colaborador/a no comedor escolar.

Os/as titores/as legais do noso alumnado poderán solicitar ser colaboradores/as no servicio de comedor.  Esta colaboración implica axudar no momento da comida do alumnado, 

Convócanse 5 prazas,  que seleccionaremos entre todas as solicitudes en base ao baremo aprobado polo Consello Escolar.

Que implica ser colaborador/a?

Ocupar un período aproximado de dúas horas no noso colexio, dende momento anterior ao horario de comida ata o remate do servicio de comedor. A colaboración implica unha compensación económica de 9,39 € por día efectivo.

Poden prestar este servicio os/as titores/as legais que non o prestaran no curso anterior un mínimo de 36 días

Para solicitalo podedes presentar na Secretaría do centro o modelo que se acompaña. Cubriredes os apartados en blanco (todos os méritos que poidades alegar)

O prazo está aberto ata o 10 de xullo, e en setembro continuará ata o día 30

Aberto o prazo para solicitar o servicio de comedor no curso 2020/21

Está aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar o próximo curso escolar 2020/21.

Deberedes presentar na Secretaría  o modelo que se adxunta, debidamente cuberto. 

Prazo 1º: ata o 10 de xullo (o día 29 de xuño non estará aberta a Secretaría)

Prazo 2º: Do 1 ao 8 de setembro

Impreso de solicitude (formato PDF)

Impreso de solicitude (formato DOC)

Solicitude de praza no comedor escolar para o curso 2020-21

Nestes momentos non saiu a convocatoria.

PAGOS COMEDOR ESCOLAR ON-LINE

TITORIAL PAGOS COMEDOR ESCOLAR ON-LINE

Os usuarios de comedor escolar, que pola súa renda, teñen que realizar o pago de comedor escolar poden realizalo de xeito on-line.

Por un lado, con certificado dixital, a través do espazo abalar.

Entrase en espazo abalar.     (https://www.edu.xunta.es/abalar/PaxinaInicio.do?perfil=&locale=gl_ES&url=http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/)

 Neste espazo abalar entrades en espazo familias co voso DNI electrónico ou certificado dixital e seguides os pasos que se vos indica. Entrando en comedores e facendo o pago.

Se non dispoñedes de certificado dixital, podedes facelo a través deste enlace OVTATRIGA e seguindo o titorial.

 

TITORIAL PAGO COMEDOR ESCOLAR - PDF (Clic aquí)

Distribuir contido