WALLY VIAXA POLA POBRA E OUTROS PAISES- ENTROIDO 2023!!!
Enviado por admin o Lun, 20/02/2023 - 12:33DÍA DA PAZ 2023
Enviado por admin o Xov, 02/02/2023 - 23:04Para conmemorar o día da PAZ ,escribimos os nosos compromisos de PAZ:
EN 1º comprometémonos a tratar as persoas con cariño
EN 2º A estar en calma para solucionar problemas sen dicir ou facer cousas que molesten e lastimen aos demais. Isto nos axudará a convivir mellor.
En 3º a promover o bo trato e a igualdade.
EN 4º a xogar con tod@s sen excluír pola apariencia física ou a forma de ser.
En 5º a ser optimistas. Non falar mal dos compañeir@s. Controlar os nsoos enfados. Non discriminar nin excluir a ninguén.
En 6º a respectar as decisións dos demais.
E como NINGUÉN É MAIS FORTE QUE TODOS XUNT@S, por iso rematamos cunha foto todos xuntos cantando APERTAS QUE VOAN!!
ALUMNADO 6º ED. PRIMARIA: RESERVA DE PRAZA/ SOLICITUDE ADMISIÓN 23-24
Enviado por admin o Xov, 19/01/2023 - 00:01
Tal e como sinala a Orde do 21 de Outubro de 2022, pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, publicada pola Consellería de Cultura, Educación , Formación Profesional e Universidades, tedes varias OPCIÓNS para a escolarización d@s vos@s fill@s na ESO.
OPCIÓN 1: SE AS FAMILIAS DECIDIDES QUE @S VOS@S FILL@S ESTUDEN NO IES DA POBRA DO CARAMIÑAL
PRAZO |
Ata o 06 de FEBREIRO |
PROCEDEMENTO |
OP.1.- En formato papel en Cadreche, o modelo que se adxunta a esta comunicación. (MOD. ED550A) |
OP.2.-VÍa electrónica mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia , https://sede.edu.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes precísense medios adecuados de identificación e sinatura electrónicos.
|
|
CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES |
Esta solicitude ten prioridade sobre calquera solicitude de admisión para o centro de adscrición. De non participar nesta reserva perderán toda prioridade para ese centro. |
A maiores trátase dun procedemento vinculante. No caso de querer posteriormente renunciar á reserva e participar no procedemento ordinario de admisión,deberase renunciar a esta reserva ata o 28 de Febreiro (inclusive) |
OPCIÓN 2: SE AS FAMILIAS DECIDIDES QUE @S VOS@S FILL@S ESTUDEN EN CALQUERA OUTRO IES DIFERENTE AO DE ADSCRICIÓN
PRAZO |
Do 01 ao 20 de MARZO |
PROCEDEMENTO |
OP.1.- En formato papel no IES para o que se solicita praza, (MOD. ED550B) |
OP.2.-VÍa electrónica mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia , https://sede.edu.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes precísense medios adecuados de identificación e sinatura electrónicos.
|
ASI FOI O NADAL EN CADRECHE 2022!!!
Enviado por admin o Mar, 10/01/2023 - 23:32O Nadal en Cadreche foi moi especial, pasámolo moi moi ben e desfrutamos abondo.
Deixámosvos por aquí para que poidades ver un resumo do que foi o noso día:
SUBÍMONOS AO TRINEO QUE TEMOS NA ESCOLA GRAZAS A COLABORACIÓN DE MARCOS , O NOSO CONSERXE QUE TRABALLOU ARREO PARA QUE O POIDESEMOS DESFRUTAR, E POR ISO QUIXEMOS FACERNOS UNHA BONITA FOTO. Mira a ver se te atopas:
PAPÁ NOEL VISITOUNOS GRAZAS A ANPA CADRECHE , E COMO NON DESTA VEZ , TOCABA QUE FORA UN PAPÁ NOEL MOI ESPECIAL PARA CADRECHIÑAS E CADRECHIÑOS. AQUÍ QUEDA UN FERMOSO RECORDO.
PERO..... O FESTIVAL ESTIVO ESPECTACULAR, GRAZAS A NOSA PROFE DE MÚSICA "ELSA" QUE PUXO TODO O SEU EMPEÑO NA ORGANIZACIÓN, COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, PARTICIPAMOS TODAS E TODOS.......
Este vídeo ten un valor especial porque está grabado por nenas de sexto grazas aos materiais que adquirimos en POLOS CREATIVOS!!
DÍA DA DIVERSIDADE- FESTIRITITITI EN BOIRO CON AMICOS!!!
Enviado por admin o Xov, 08/12/2022 - 23:12Este ano celebramos o DÍA DA DIVERSIDADE, en colaboración con AMICOS participando nunha xornada moi especial na que a través de diferentes xogos e musica , desfeutamos dunha xornada de convivencia moi especial con outros centros e con PERSOAS E USUARIOS DE AMICOS!!! UN VERDADEIRO PLACER!!!!
MAGOSTO 2022
Enviado por admin o Xov, 08/12/2022 - 23:09NOMEAMENTO TITOR@S T.E.I
Enviado por admin o Mér, 23/11/2022 - 22:15O luns día 21 de Novembro de 2022, fixemos de forma oficial o nomeamento d@s titor@s TEI. O alumnado de quinto titoriza ao alumnado de terceiro de Ed. primaria.
Non podemos deixar de agradecer de forma sincera a participación de Xosé Lois como Alcalde da Pobra do Caramiñal, xerando no alumnado moita admiración e mesmo puidemos cumplir o obxectivo de darlle o valor que ten o programa para a mellora da convivencia no centro.
PREVIR E RESOLVER OS PROBLEMAS DE CONVIVENCIA QUE SE PRODUZAN É O TRABALLO QUE SEGUIREMOS DESENVOLVENDO!!!
TRABALLANDO POLA IGUALDADE!!!!
Enviado por admin o Dom, 13/11/2022 - 19:06SAMAIN 2022
Enviado por admin o Dom, 30/10/2022 - 21:12CADRECHIÑ@S CELEBRANDO O SAMAIN!!!
Deoxámosvos un resumo do que foi a nosa festa de Samáin neste 2022, cun vídeo representativo (pincha na imaxe se queres velo):
Tamén desfrutamos de comidas terroríficas:
E esta foi a nosa exposición de cabazas, que un ano máis voltou a ser XENIAL. GRAZAS FAMILIAS POR TANTA AXUDA E TANTO TRABALLO. Se pinchas na imaxe podes ver a exposición.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »