Iniciar sesión: Acceso

HIMNO "CADRECHIÑ@S" VIDEOCLIP

13/07/2021 13:49
Europe/Madrid

Un dos maiores éxitos deste curso complicado que remata, foi a estrea do HIMNO DA ESCOLA DE CADRECHE, feito por o EXALUMNO  JAVI MANEIRO.

Con esta publicación queda oficialmente estreado o HIMNO "CADRECHIÑ@S"

 

SUPERCADRECHIÑ@S

28/06/2021 23:23
Europe/Madrid

O PRIMEIRO FILME elaborado integramente en CADRECHE. Sen dúbida un traballo excelente que recolle unha mensaxe moi ESPECIAL. 

"Os SUPERPODERES non son suficientes para resolver os PROBLEMAS COTIÁS". Pero, invitámosche a que a desfrutes tanto como a desfrutamos nós, facendo e vendo o RESULTADO!!!

Fai click no enlace.

VII SEMANA DA ORIENTACIÓN

Por SÉTIMO ano consecutivo, dende o Departamento de Orientación, e en colaboración co resto do profesorado e familias, celebramos a VII Semana da Orientación, con actividades dirixidas aos nenos e nenas da escola, para  contribuir á sensibilización e concienciación de que somos diferentes, en definitiva, de  que todas e todos somos capaces. 

Neste ano o tema central son as Intelixencias Múltiples e as diferentes capacidades que cadaquén pode posuír. Para iso coñeceremos persoas relevantes, así como personaxes de debuxos animados, que tendo algunha dificultade souberon atopar aquilo no que son realmente bos.

Disfrutaremos das aprendizaxes que cada ano nos traen Asociacións do entorno, nesta ocasión contaremos coa colaboración de COGAMI, e como non cunha videoconferencia con ALEX VIDAL, campeón paralímpico de takewondo e que participará nos Xogos paralímpicos de Tokio.

GRAZAS A TODAS E TODOS @S QUE 

O FACEDES POSIBLE!!!

III ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

18/05/2021 19:13
Europe/Madrid
PREPARAD@S, LIST@S.... XAA!!!!
Chegou a data para celebrar unha das festas máis bonitas da escola, pena que non poderá ser exactamente igual que os dous anos anteriores, pero temos moitas actividades preparadas que nos fará pasar un anaco agradable!!!
O XOVES 20 DE MAIO , primeiro inauguraremos o mural de XELA ARIAS do noso patio, despois estarán con nós OS MONIFATES, teremos diferentes obradoiros, xogos populares e a actuación das pandereteiras do cole!!!
A DISFRÚTALO!!!!
 

IX CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

04/03/2021 00:34
Europe/Madrid

Xa van  DEZ anos do primeiro CERTAME LITERARIO ESTHER DOURADO, unha das actividades que se mantén na escola dende hai este tempo, aínda que pola situación de confinamento do curso pasado, non puideramos celebralo, así que....

ANÍMATE E PARTICIPA!!

Se queres consultar as bases pincha aquí

 

ADMISIÓN 2021-2022

*As solicitudes presentaránse na aplicación

                               edu.xunta.gal/admisionalumnado,  na Sede Electrónica  ou de maneira presencial no propio centro. Se queres podes descargar aquí o documento e cubrilo.

 

* Horario para a presentación de solicitudes

                              De Luns a Venres de 16’30 a 19’30 h. 

 

* Prazo: Do 1 ao 22 de marzo 

* As solicitudes serán resoltas polo consello escolar

* Aquelas solicitudes que non veñan acompañadas polos documentos abaixo citados poderán ser denegadas.

As listaxes provisionais de alumn@s admitid@s expoñeránse antes do día 25 de abril.

* As posibles reclamacións faránse na Dirección do Centro no mesmo horario anterior até o día 5 de Maio.

* Dende  o día 15 de maio expoñeránse as listaxes definitivas.

* A formalización da matrícula farase entre o 20 e o 30 de Xuño.

* Garantízase un posto escolar a tod@s @s alumn@s.

 

 

O ENTERRO DO FELIPIÑO 2021

Cando o tempo deu unha tregua, e saiu o sol, pensamos que xa podíamos enterrar como cada ano ao noso FELIPIÑO.

DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DO DÍA E MAIS UN VÍDEO.

Se pinchades nesta imaxe poderedes ver unha selección de fotos do día de onte.

Pincha na imaxe de abaixo para ver un vídeo do día!!!

 

PODES VER O NOSO DESFILE DE ENTROIDO. PASÁMOLO XENIAL!!!

SE QUERES VER UN VÍDEO DO NOSO DESFILE DE ENTROIDO PINCHA NA IMAXE!!!

E FÓMONOS DE ENTROIDO!!!!

13/02/2021 20:15
Europe/Madrid

E nada mellor que sacar a fora os nosos SUPERPODERES neste ano en que somos auténticos SUPERHÉROES E SUPERHEROÍNAS.

6º curso- SUPERPODER: CONTRA A VIOLENCIA E PARA A TOLERANCIA

5º curso- SUPERPODER: CONTRA O RACISMO

4º curso- SUPERPODER: CONTRA O MALTRATO ANIMAL

3º curso- SUPERPODER: CONTRA A COVID-19

 

 2º CURSO- SUPERPODER: CONTRA A POBREZA

1º CURSO- SUPERPODER: POLA AMIZADE

 

E COMO NON @S NEN@S QUE NON PODÍAN ESTAR NA ESCOLA TAMÉN TIVERON OS SEUS DISFRACES, E COMPARTIMOS ANACOS CON ELES POR VIDEOCONFERENCIA!!!! 

 

 

DÍA DE CASTELAO 2021

02/02/2021 14:01
Europe/Madrid

MIRA QUE ACTIVIDADE TAN BONITA FIXEMOS PARA CELEBRAR O DÍA DE CASTELAO!!!!

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930