DÍA DE ROSALÍA
Enviado por admin o Ven, 04/03/2022 - 22:34Tamén conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA. Hoxe o Concello fixo o sorteo para a entrega dos agasallos aos nenos e nenas que participaron na actividade que propuxeron e que vos deixamos as imaxes do mesmo.
A celebración deste día culminará coa visita á casa de Rosalía en PAdrón , o vindeiro martes día 08 de marzo de 2022, da que agardamos desfrutar e aprender un montón.
ENTROIDO 2022
Enviado por admin o Mér, 02/03/2022 - 01:20Asi celebramos este Entroido 2022 @s cadrechiñ@s. A verdade é que o pasamos ben e botamos de menos celébralo coas nosas familias. Deixámosvos ao final un vídeo como mostra do que nos divertimos!!!
Video:
X CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"
Enviado por admin o Lun, 14/02/2022 - 11:29Un ano máis e xa van 10 dende que escomezamos a desenvolver na escola o CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO".
Este ano quixemos abrir este certame á participación das familias. Así que agardamos contar con vós.
Para consultar as bases do mesmo, pincha AQUÍ.
ASÍ DESPEDIMOS O 2021 E RECIBIMOS O 2022!!!
Enviado por admin o Ven, 31/12/2021 - 01:42Así despedimos o 2021 na escola, con algunhas ausencias por diferentes motivos, pero realizando actividades dentro do que a situación permitiu.
Uns obradoiros: elaboración dun adorno para a árbore de nadal, bailamos e tamén un xogo de retos.
Despois ás doce saímos ao patio e comemos as uvas coas correspondentes campanadas e disfrutamos do baile dos de 1º curso. Tocaba xa comer o chocolate con churros para seguir disfrutando da festa. Faltaba o mellor, Papá Noel grazas a sempre excepcipnal colaboración da ANPA agasallou a cada nen@ cunha bolsa chea de cousas entre elas un libro.
Pasámolo moi ben e despedimos o 2021 co desexo de que o 2022 sexa un ano cheo de ILUSIÓN , ESFORZO, SOLIDARIEDADE E TRABALLO CONXUNTO!!!
Se pinchades na imaxe podedes ver un resumo da festa d@s CADRECHIÑ@S!!!
25 de Novembro-2021- VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por admin o Mar, 30/11/2021 - 20:18SAMAIN 2021
Enviado por admin o Mér, 03/11/2021 - 01:15Un ano máis celebramos o Samaín. Así comezaba o día.....
AS nosas cabazas estaban moi bonitas, coa temática da Biblio deste ano: OS XOGOS DE MESA
Fixemos moitos xogos e entre eles un photocall animado do que vos deixamos mostras gráficas do ben que o pasamos.
CP INNOVA E CP INCLÚE
Enviado por admin o Mér, 13/10/2021 - 22:13O centro participará no presente curso académico nos CONTRATOS-PROGRAMA da Consellería de ELÉducación.
Nomeadamente participamos na modalidade CP INNOVA, na liña de EDUEXCELENCIA, e por outra banda na modalidade de CP Inclúe, nas liñas: INCLÚE-T, EMOCIÓNA-T, CONVIVE E IGUALA-T.
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_...
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/listaxe_provisional_de_...
GRADUACIÓN PROMOCIÓNS 2014-2020 E 2015-2021
Enviado por admin o Ven, 16/07/2021 - 02:17Neste final de curso puidemos celebrar a graduación dos nenos e nenas de 6º, deixámosvos o correspondente a graduación da promoción 2015-2021. Tamén a graducación da promoción 2014-2020.
Aquí deixámosvos os vídeos que lles preparamos e máis o enlace a unha carpeta con fotos dese día!!!!
AS FOTOS PODES VELAS PINCHANDO AQUÍ
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »