SEGUNDO ACERCAMENTO Á APRENDIZAXE CON NAO
Enviado por admin o Xov, 06/02/2020 - 21:23Hoxe tivemos na escola o segundo acercamento á aprendizaxe con NAO. Sen dúbida, a motivación aumenta cando traballamos con recursos como estes. De momento so foi como un xogo, un acercamento paulatino, xa que @s mestr@s aínda temos moito que aprender.
NAO pode ofrecernos xogos de mímica, xogos para practicar o inglés por exemplo, ou tamén podemos ir aprendendo a nomear emocións...., pero o que máis chamou a atención ás nenas e nenos foi que XA APRENDEU A FALAR GALEGO!!!!
SEGUIREMOS APRENDENDO.... GRAZAS NOE, GRAZAS ANPA POR ESTA OPORTUNIDADE!!!
.
IX CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"
Enviado por admin o Xov, 06/02/2020 - 17:52Xa van nove anos do primeiro CERTAME LITERARIO ESTHER DOURADO, unha das actividades que se mantén na escola dende hai este tempo, por iso ;
O CEP Pilar Maestú Sierra co obxecto de fomentar a creación literaria entre as nenas e os nenos d’A Pobra, organiza o IX Certame Literario “Esther Dourado” nas modalidades de DEBUXO e NARRACIÓN. Con esta denominación preténdese salientar a figura desta mestra, amante da lectura e da literatura, que adicou 22 anos da súa vida a formar a distintas xeracións deste centro.
2.- Poderá concorrer o alumnado dos centros de educación infantil e primaria do Concello d’A Pobra, así como o ex-alumnado do noso centro que curse ESO en calquera centro.
3.- As obras estarán escritas en lingua galega, serán inéditas e de tema libre.
4.- Cada participante poderá presentar un único traballo.
5.- Categorías e modalidades
DEBUXO(poderá levar un breve texto):
CATEGORÍA A: ALUMNADO DE INFANTIL
Modalidade debuxo: tamaño máximo DIN A4 ou similar, calquera técnica.
NARRATIVA:
CATEGORÍA B: 1º E 2º DE PRIMARIA
Modalidade conto: máximo 2 folios. Pode levar ilustracións.
CATEGORÍA C: 3º E 4º DE PRIMARIA
Modalidade conto: máximo 3 folios.
CATEGORÍA D: 5º E 6º DE PRIMARIA
Modalidade conto: máximo 5 folios.
CATEGORÍA E: 1º,2º, 3º, 4º DE ESO
Modalidade relato: máximo 10 folios
SE QUERES ACCEDER ÁS BASES DO CERTAME PINCHA NA IMAXE
CURSO V.E.C. - NIVEL 1 -LIDERADO INTRAPERSOAL
Enviado por admin o Mar, 28/01/2020 - 14:51Hoxe día 28-01-2020 comeza o prazo para inscribirse no curso V.EC - de Intelixencia emocional para profesorado e familias que ten como finalidade e a formación no nivel 1 acadando o certificado oficial de VEC.
Este curso está organizado por CEP Pilar Maestú Sierra, ANPA Cadreche e Emotional Network (Roberto Aguado Romo), e subvencionado parte do seu costo pola Deputación da Coruña.
Se pinchas na imaxe podes atopar toda a información que precisas para inscribirte:
Se pinchas no seguinte enlace poderás acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN:
PRAZAS LIMITADAS!!!!!
COÑÉCEMOS A NAO
Enviado por admin o Mar, 28/01/2020 - 12:59O día 22 de Xaneiro na escola foi un día ben especial. Coñecemos por fin a NAO, un robot que nos fará aprender dunha forma máis agradable pero tamén pdoeremos aprender a programar un robot.... Queda moito por aprender!!!
A Voz de Galicia fixo unha reportaxe no noso cole ese día. Aquí queda o enlace á mesma:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/01/24/nuevo-alumno-c...
Tamén a COPE se fai eco da noticia:
https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/noticia...
ROBERTO AGUADO UNHA VEZ MÁIS!!
Enviado por admin o Ven, 10/01/2020 - 15:24De novo o vindeiro luns día 13 de XANEIRO DE 2020 teremos na nosa escola durante todo o día a Roberto Aguado Romo , para desenvolver coa comunidade educativa do CEP PILAR MAESTÚ un traballo conxunto de cara á atopar as ferramentas axeitadas a diferentes situacións particulares que inflúen directamente na aprendizaxe de nenas e nenos. En palabras de Roberto Aguado, ferramentas que permitan que unha nena ou un neno pase do "sufrimento" á satisfacción, porque en realidade "somos o que sentimos".
Pola mañá traballaremos con nenas e nenos do centro, coa finalidade de poderlles axudar de forma individual e posteriormente poder xeralizar estas aprendizaxes para axudar a outros nenos e nenas.
Pola tarde o profesorado da escola (de 17:00 a 19:30) teremos unha formación relacionada co anterior coa finalidade de adquirir estas estratexias.
E para rematar unha sesión con familias, que comezará ás 19:30, e será na BIblioteca do centro. Unha charla para familias de Cadreche e para aquelas que forman parte de Escola de Familia no presente curso académico.
SON O QUE SINTEN- CON ROBERTO AGUADO (FORMACIÓN FAMILIAS)
Enviado por admin o Dom, 24/11/2019 - 18:25Na tarde do 21 de Novembro de 2019, ás 19:00 daba comezo a charla de Roberto Aguado Romo, titulada “SON O QUE SINTEN”.
Comezamos a presentación do acto co traballo do alumnado do centro. O cine estaba preparado para o evento cun cartaz de benvida que recollía a conmemoración da CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO, ilustrado cun debuxo de ÁLVARO PAZ GIL que pretende reflectir o seu talento artístico, neste caso.
No interior, no esceario atopabánse os debixos sobre os dereitos das nenas e dos nenos, que o noso alumnado realizou na aula de forma cooperativa, entre todas e todos coa inestimable colaboración dos seus titores e mestr@s.
A presentación do acto , foi a cargo do Consello do Alumnado, unha presentación excecpional e con un gran sentido da responsabilidade, tenacidade e ilusión que demostraron enriba do esceario.(se queres ver o resumo pincha na imaxe)
Empezamos cunha presentación e canción titulada: Ninguén coma vós, coa canción Nadie como tú de "La oreja de Van Gogh"( se queres velo pincha na imaxe)
Momento especial foi cando Roberto os saudou un por un e intercambiou algunas palabras con eles.
A presidenta da ANPA, Noemí Gil, pola súa banda fixo unha presentación ben interesante, con preguntas que tiñan bastante que ver coa entrevista que publicou a Voz de Galicia a Roberto :
A partir de aquí comenzou a súa charla brillante como sempre, chea de reflexións e cuestións sobre as que pensar e repensar!!!
ERES O QUE SINTES- ROBERTO AGUADO (FORMACIÓN PROFESORADO)
Enviado por admin o Dom, 24/11/2019 - 18:00O xoves día 21 de Novembro, tivemos a grande sorte de ter na escola a Roberto Aguado Romo, (http://robertoaguado.com) que ven de publicar o seu último libro "ERES LO QUE SIENTES". Pola mañá estivemos traballando con nenos e nenas da escola coa finalidade de poder axudarlles. Destas sesións de intervención, saimos profesorado e alumnado con "trucos" e estratexias para a mellora de nenas e nenos.
Pola tarde asistimos a unha sesión de formación de dúas horas e media de duración onde traballamos sobre o perfil do docente do Século XXI, baseado no traballo das emocións, aprendendo a recoñecer estas e buscando as alternativas para poder chegar a unha resposta ao alumnado que lle permita desenvolverse de forma eficaz.
Todo isto so foi posible grazas á colaboración de ANPA CADRECHE, a través dunha subvención coa Deputación de Coruña.
CONSELLO DO ALUMNADO 19-20
Enviado por admin o Dom, 24/11/2019 - 17:43O pasado mércores , día 20 de Novembro, con motivo da celebración do 30 aniversario da CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO, consituiuse na nosa escola o CONSELLO DO ALUMNADO. Esta iniciativa parte da proposta que dende APFRATO, e do libro "Manual de Guerrilla Urbana", de Francesco Tonucci, baseada nunha obra anterior titulada " A cidade dos nenos".
O Consello do Alumnado estará formado por un número limitado de nenas e nenos , neste caso 12 nenas e nenos de 1º a 6º de Primaria, de forma que todas e todos poden dar a súa opinión sobre os temas que se discutan. @s conselleir@s foron elexidos dentro da escola , permitindo que representen a todas as aulas e totalmente ao azar, para evitar así liderazgos predefinidos e que todas e todos teñan as mesmas oportunidades.
As nenas e nenos que neste curso forman parte do Consello do Alumnado, presidido pola Dirección do centro (Vicente Vázquez) son:
ROBERTO AGUADO CON NÓS DE NOVO!!!
Enviado por admin o Ven, 08/11/2019 - 12:09O día 21 de Novembro de 2019, estará de novo con nós ROBERTO AGUADO. Pola mañá traballará na escola con nós e pola tarde teremos dúas sesións que non dubidamos que serán ben proveitosas. Unha sesión con profesorado, aberta a mestras e mestres que queiran asistir, e outra sesión para familias aberta tamén a todas aquelas que desexen participar.
Dita actividade so é posible grazas a colaboración total de ANPA CADRECHE, financiada pola Deputación da Coruña.
NON VOLO PERDADES!!!!
LIBROS DE TEXTO 19-20
Enviado por admin o Dom, 25/08/2019 - 19:32
1º e 2º CURSOS:
Matemáticas. “Aprender es crecer”. Edit. Anaya Lingua Galega. “Aprender é crecer”. Edit. Anaya Inglés. “All about us”. Edit. Oxford (so class book) Música. “Xograr século XXI” (sen casete). Edit. Galinova Relixión. “Aprender é crecer” (galego). Edit. Anaya Valores. “Valores Sociais e Cívicos” (galego). Edit. SM. Proxecto Celme
|
3º e 4º CURSOS:
Lengua Castellana. “Saber hacer”. Edit. Santillana Língua Galega. “Saber facer”. Edit. Santillana Matemáticas. “Aprender es crecer”. Edit. Anaya Natureza. “Aprender é crecer” Edit. Anaya Sociais. “Aprender é crecer” Edit. Anaya Inglés. “All about us”. Edit. Oxford (so activity book) Música. “Xograr século XXI” (sen casete). Edit. Galinova
|
5º e 6º CURSOS:
Lengua Castellana. “Saber hacer”. Edit. Santillana Língua Galega. “Saber facer”. Edit. Santillana Matemáticas. “Aprender es crecer”. Edit. Anaya Natureza. “Aprender é crecer”. Edit. Anaya Ciencias Sociais. “Aprender é crecer”. Edit. Anaya Inglés. “All about us 5”. Edit. Oxford (so activity book) (5º curso) “Big Surprise!6. Edit. Oxford (so activity book) (6º curso) Música. Xograr século XXI (sen casete). Edit. Galinova
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »