LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CEIP SEIS DO NADAL

 Ver arquivo adxunto da listaxe de libros

Tags: Notas informativas

REUNIÓN COS PAIS/NAIS DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL ( TRES ANOS ) O LUNS 27 ÁS 18:00 HORAS NA SALA ROSALIA.

Lembramos aos pais e nais dos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil (3 anos) que teñen unha reunión no CEIP SEIS DO NADAL o luns 27 ás 18:00 horas.

 

Tags: Notas informativas

¡¡¡¡¡¡¡ COMEDOR ESCOLAR E SERVICIO GARDERÍA!!!!!

¡¡¡ATENCIÓN!!!!!

Recordamos as familias dos novos alumnos DO CENTRO que finaliza o plazo da solicitude de comedor e gardería escolar no mes de maio.

Tags: Secretaría

ORDEN 27 DE ABRIL 2016. ¡¡¡FONDO SOLIDARIO, AXUDA DE LIBROS E MATERIAL!!!!

 ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Fondo solidario para 3º.4º,5º e 6º de educación primaria.

Axuda libros texto para 1º e 2º de Primaria e Educación Especial.

Axuda material escolar  50€ todo o alumnado con renda per cápita igual o inferior a 5.400€.

 

 VER ARQUIVOS ADXUNTOS

Tags: Secretaría

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2016/2017 (todo o mes de Xuño)

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2016/17.

  1. Cubrir anexoiii-1(o podedes descargar do arquivo adxunto ou vir polo centro).
  2. Cadro de vacinación do alumno ou alumna.
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. Se padece alerxias, intolerancias ou calquer problema de saúde que consideredes importante. Informe do pediatra para incorporalo a alerta escolar.
  5. Catro fotos tamaño carnet

 

Tags: Secretaría

ADMISIÓN DEFINITIVA DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O ANO: 2016/2017

Ver arquivo adxunto das admisións

Tags: Secretaría

O MAIO DO SEIS

Coincidindo co inicio do mes de maio, celebramos a festa dos maios. As  familias foron aportando os distintos elementos decorativos (fentos, calas, pampillos, xestas, fiuncho,flores,......) cos  que recubrimos a estructura do maio. O alumnado participou e colaborou na preparación do maio e ao día seguinte fomos cantarlle as coplas que tiñamos preparadas. Podedes ver máis fotos na galería .


Tags: Novas

XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

O alumnado de 5º B participou,  o día 10 de maio, nas VII xornadas municipais de teatro escolar representando no AUDITORIO DO CONCELLO DE VIGO, unha adaptación da obra de Manuel María: "BERENGUELA" aventuras e desventuras dunha espiña de toxo.

Tags: Novas

SOLICITUDE DE COMEDOR E GARDERÍA 2016-2017

Xa esta aberto o prazo de solicitude de prazas para o comedor e servizo de gardería no noso cole, se queredes solicitalo tedes que pasarvos antes polo local da anpa para solicitar o número de socio e facer o pago do seguro.

As solicitudes poden recollerse na Conserxería e entregarse na secretaría de 9-10h e de 12:30 a 13:30 coa documentación correspondente.

Se tendes algunha dubida de 9:00 a 9:30 estamos no local da anpa para axudarvos.

Máis información :  anpaseisdonadal.wordpress.com

Tags: Novas

OBRA DE TEATRO "O MONSTRO DE CORES" A CARGO DO GRUPO DE INTERTEATRO DO SALADINO CORTIZO

O grupo de interteatro do CEE Saladino Cortizo, agasallounos cunha fermosa obra de teatro do libro "O monstro de cores". Os nenos e nenas do Seis do Nadal pasamos un ratiño moi agradable con todos eles. 

Estiveron fantásticos!

 

Tags: Novas