Fondo de libros

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

Enviado por ninesrey o Ven, 21/05/2021 - 21:48

Para cubrir en liña  tedes  o enlace da aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e procedemento por sede electrónica: 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021&numpub=1&lang=es

 Os modelos das solicitudes poderanse descargar na páxina web do centro( en arquivos adxuntos Anexos I-II), en edu.xunta.gal https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/11492459 ou recoller en papel  na porta principal  do centro.

Dita solicitude, no caso de que autoricen a consulta telemática dos datos, só deberá vir acompañada do Libro de Familia (orixinal e copia) , se fose o caso, sentenza de separación ou convenio regulador, onde conste quen ten a garda e custodia (orixinal e copia). 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

ATA O 22 DE XUÑO DE 2021

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

2 DE XULLO

PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

O 5 E 6 DE XULLO

PERIODO DE LISTAXES DEFINITIVAS

O 8 DE XULLO

ENTREGA DE LIBROS

AO COMENZO DE CURSO

ENTREGA DE VALES EN XULLO

O DÍA 12 (1º e 2ºPrimaria),

O DÍA 13(3º e 4ºPrimaria)

E O DÍA 14(5º e 6ºPrimaria) 

 

 As listas plubicaranse unicamente no interior do edificio escolar. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente , a través da aplicación Fondo libros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

 

Documentación:

Solicitude: Anexo I- Anexo II 

1.Libro de familia  onde figueren todos os membros computables da unidade familiar. 

      1.1. No caso de que non se axuste a realidade  será preciso  o volante ou certificado de convivencia.

      1.2.En caso de separación ou divorcio será necesario achegar a setencia xudicial ou  convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.

2.Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia.

3.Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

4.Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

5.Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores.

 

Comunicámosvos que o alumnado de 6º de Primaria que vai o IES ALEXANDRE BÓVEDA (986 292812) ten ata o 22 de Xuño para solicitar o fondo solidario. O periodo de matrícula vai desde o 1 ata o 10 de Xullo.

Para calquera  consulta  contade connosco nos teléfonos (886120180/886120182) preguntade por Alberto ou Araceli.

FONDO SOLIDARIO DE MÁSCARAS CEIP SEIS DO NADAL 2020/21

Enviado por ninesrey o Lun, 16/11/2020 - 08:57

 

           

 

 

FONDO SOLIDARIO DE MÁSCARAS

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación primaria. (Adxunto da orde)

 

Non teñen que presentar solicitude

 

O alumnado que foi beneficiado de    axuda de material escolar    da xunta no curso 2020/21. Xa tramitalo directamente.

 

Teñen que presentar solicitude

 

O alumnado que   non foi beneficiado de axuda de material escolar    da xunta no curso 2020/21, e cumpre os seguintes requisitos:

 

Ten renta pér capita igual ou inferior a 6.000€ no exercicio 2018.

 

Alumnado matriculado en Educación Especial.

 

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

Alumnado cun grado de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexoI) a seguinte documentación (ver anexo adxunto sede electrónica) https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330E

 

 

Forma de presentación

 

De    forma presencial no centro    o alumnado que non foi beneficiado coa axuda de material escolar da Xunta no curso 2020/21 e cumpre algún dos requisitos. Petición de cita previa coas medidas preventivas de seguridade.

 

Prazo de presentación

 Do 16 ao 27 de Novembro de 2020

 

 

Teléfono de información do cole  886120180 atención dependendo de disposición do persoal. Grazas

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO SEIS DO NADAL PARA O CURSO2020/21

Enviado por ninesrey o Xov, 18/06/2020 - 23:32

 

Estimadas familias adxuntamos en arquivo adxunto a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2020/21.

 

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (3º, 4º,5º E 6º PRIMARIA) .VALES DE MATERIAL E VALES DE LIBROS(1º E 2ºPRIMARIA).)

Enviado por ninesrey o Lun, 02/07/2018 - 13:38

Podedes consultar as listaxes DEFINITIVAS do fondo solidario 2019 no documento adxunto.

Todo o alumnado de 3ºPrimaria dispón de libros do fondo ainda que non o solicitara.

En 3º,4º,5º e 6º de Primaria hai que mercar o  ACTIVITY BOOK de inglés correspondente.

 

 

 

Distribuir contido