Novas

CONCERTOS DE OVIRAVAI E MITIC

Enviado por Anónimo o Lun, 17/06/2019 - 09:48

 No colexio actuaron os grupos de música Oviravai e Mitic

 OVIRAVAI

O grupo musical OVIRAVAI presentou o traballo "PAIO E O PODER DA MÚSICA"

Despois de traballar as cancións na clase de música, os nenos e nenas cantaron, bailaron e

disfrutaron un montón cos temas como: Reciclar, Rosalía ou unha mensaxe da terra.

MITIC

Concertazo de MITIC no noso cole. Os nenos e nenas xa levan o Rock and Roll e a gaita no

corazón. Gracias por achegar a gaita os nenos con ese arte no escenario!

 

 

( categories: )

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Enviado por Anónimo o Lun, 29/04/2019 - 09:35

Un curso máis celebramos o Día do Libro coa actividade dos Apadriñamentos e Amadriñamentos Lectores. O mal tempo non permitiu saír ao patio e tivemos que facelo no interior. 

   

 

 

 

( categories: )

PROGRAMA “FROITA NA ESCOLA”

Enviado por Anónimo o Ven, 29/03/2019 - 13:17

Co obxectivo de fomentar o consumo de froita fresca e saudable, o noso centro participa, por primeiro ano, no Programa “Froita na Escola” subvencionado con fondos da Unión Europea e do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).
 
Durante as vindeiras dúas semanas (do 1 ao 12 de abril) todo o alumnado recibirá unha peza de froita na hora do recreo. 
 
No seguinte calendario podedes ver as froitas que consumirán 

( categories: )

ENTROIDO MÁXICO 2019

Enviado por Anónimo o Xov, 14/03/2019 - 10:38

ENTROIDO MÁXICO

 O venres 1 de marzo celebramos o entroido no centro. Seguindo o proxecto deste curso, O Seis encheuse de personaxes máxicos.

 
 


 
Desfile no pavillón e pasarrúas polo barrio .
A volta  xuizo e queima do Meco.
 
E para rematar degustación de productos típicos desta festa (orellas, filloas, flores,...).
Grazas ás familias pola colaboración!!!!!
 
NOTA: Tedes máis fotos do entroido no apartado GALERÍA, curso 2018-19.
 
( categories: )

DÍA DA PAZ 2019

Enviado por Anónimo o Mar, 05/02/2019 - 12:02

Para conmemorar o Día da Paz, o 30 de Xaneiro, celebramos un acto colectivo co lema: "Coas palabras máxicas faremos a PAZ".

Todos e todas vestidos de branco subimos ao pavillón e alí, sentados en forma de u, coas letras que forman as palabras que cada curso elexiu , metémolas nun sombreiro máxico e fixemos o noso "Feitizo da Paz".

Despois danzamos  ao son da canción "Baile da Paz" de Mamá Cabra que, ademais de cantar, acompañamos dunha coreografía que aprendemos na clase de música. Para ver o vídeo preme na seguinte ligazón

https://www.youtube.com/watch?v=s3ZdoYG4qtI&feature=youtu.be

( categories: )

ACTO COLECTIVO 25 N

Enviado por Anónimo o Lun, 10/12/2018 - 10:21

O luns 26 fixemos una acto colectivo con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Durante a semana estivemos traballando e reflexionando sobre o tema nas aulas con lecturas, contos,...

Previamente en cada clase debuxamos en cartulinas a nosa man, recortámola e puxémola como un colgante.
 
Dispuxémonos en forma de U, seguindo as indicacións  de mestra de música e ao alumnado de sexto escenificando a canción e o retrouso en lingua de signos.
 
O alumnado dos distintos cursos, por turnos, foi pintando unha porta violeta.
 
O remate do acto foi o mural que montamos cos debuxos da canción.
 
Para ver o vídeo preme na seguinte ligazón
 
 
 Vestidos de negro reunímonos no pavillón para cantar todos xuntos  "La puerta violeta" de Rozalén.

 

 

 

( categories: )

RETRATOS DA NOSA CONTORNA. FOTOGRAFÍA EN CURSO. CULTURGAL

Enviado por Anónimo o Lun, 03/12/2018 - 11:34

O noso colexio, fai uns cursos(2013-14), participou cos alumnos de cuarto no proxecto do CGAI Fotografía en curso. O noso proxecto era sobre os oficios é profesións. Veu a facer o obradoiro con nós o fotógrafo José Caruncho. Os nenos fixeron os retratos con José Caruncho de: mariñeiros, armadores en Bouzas e dos traballadores do mercado de Coia.

Dende o 30 de Novembro ata o 2 de decembro no marco de Culturgalega recolleron varios proxectos fotográficos que se fixeron cos centros e alumnos participantes estos anos co título:"Retrato da nosa contorna".

O CGAI pensa que está expsición viaxe a outros lugares

 

 

 

 

 

( categories: )

MAGOSTO 2018

Enviado por Anónimo o Mar, 20/11/2018 - 13:16

O martes 13, fixo un maravilloso día de sol e celebramos o noso MAGOSTO. 

Mentras as mestras asaban as castañas os nenos e nenas xogaron.

Houbo seis xogos : comecastañas, relevos de castañas, ós bolos, tres pés (en parellas), á corda, relevos de pelota (coa pelota espalda con espalda). 

O alumnado de sexto foi o encargado de  axudar ao alumnado nos diferentes xogos a medida que ían rotando dun a outro.

E non podían faltar as castañas. Estaban boísimassss!!! Pasámolo xenial!!!

 

( categories: )

SAMAÍN MÁXICO 2018

Enviado por Anónimo o Lun, 05/11/2018 - 10:49

Na Sala Rosalía recreamos un "Bosque Máxico Galego", no que non faltaron as mouras na súa cova, as serpes coas súas lendas, os corvos como paxaros de mal agoiro, os mouchos e as curuxas berrando, o aquelarre coa danza das meigas ao redor do pote, de feitizos, o gato negro cos pelos de punta, arañeiras, as cabazas polo medio,....e o lobishome, facendo trasnadas e meténdose co público, nenos e nenas e coas familias asustando a todo o persoal.

Foi un Samaín impresionante!!!

Grazas ás familias pola vosa colaboración na preparación das cabazas!!!!

 

Se o queres ver en YouTube, preme no seguinte enlace:

https://youtu.be/AvCF5jo4juI

 

       
 
 
 
( categories: )

REUNIÓN PARA OS USUARIOS DE COMEDOR

Enviado por Anónimo o Mar, 28/08/2018 - 20:45

O vindeiro martes, 4 de setembro celebrarase no comedor do colexio unha reunión informativa sobre o funcionamento do comedor  que vai comezar.

Todas as familias admitidas poderán asistir ás 18:30 no comedor.

 

 

( categories: )
Distribuir contido