Animación á lectura

FESTIVAL 2014-15

Aquí poderedes ver un vídeo resumo do Festival de Fin de Curso (2014-15)!

Como sempre, celebralo no Auditorio permite que as actuacións saian moi lucidas e que poidan vir todos os familiares que queiran! Que ben o pasamos aínda que fixera tanta calor!

Pincha na imaxe para ver o vídeo, e se non se ve, pincha aquí.

RENATA E A NATA (Videoconto)

Con esforzo poderás conseguir calqueira cousa!

Disfruta desta famosa historia, protagonizada por Renata, a nosa mascota, e os seus amigos: o carballo Bellotero e a ra Remolona.

 

LETRAS GALEGAS 2014

Para a semana das Letras Galegas temos preparadas un montón de actividades:

O martes participaremos na Carreira pola Lingua no Ies de Valga.

O mércores visitará o colexio Marta Ortiz, co seu espectáculo de contacontos "Cores".

O xoves visitaremos o Auditorio de Valga para participar nos concertos didácticos organizados pola Banda de música municipal.

TEATRO DE SOMBRAS: "O cumpreanos de Claudia"

Teatro de sombras con marionetas articulables! A historia está inventada polos alumnos, que diseñaron as marionetas e buscaron a maneira de crear unha aventura entre elas. Poñerse cómodos e disfrutar co... Cumpreanos de Claudia!

O carballo BELLOTERO (Video)

A nosa 2ª mascota da biblioteca fala sobre o coidado dos bosques.

BELLOTERO, o noso carballo, ten ese nome en recordo da artista local "Bella Otero",

e é o mellor amigo da ra Renata. Xuntos acompañan aos nenos e nenas na biblioteca!

En-CANTAN-me os libros!

Disfruta con estes enlaces para CANTAR e imaxinar:

"Imaxínate" do grupo Migallas:

(Cando esteas aburrido, e non saibas que facer,

colle un libro meu amigo... todo pode suceder!)

 

 

IMAXINA MUNDOS LENDO LIBROS!

Nos libros atoparás isto e moito máis! Pincha na imaxe!

Entra no mundo da imaxinación

Vídeo de RENATA E BELLOTERO: "A Biblioteca Máxica"

Xa podedes ver o vídeo realizado polos nenos e nenas de 1º neste curso 2012-13, coas mascotas da biblioteca, Renata e Bellotero!

Video das mascotas

Disfruta cos superpoderes de Renata e a compaña do noso amigo o carballo Bellotero.

Ademáis os nenos e nenas de 1º curso nos explicarán onde atopar os libros na biblioteca, as súas seccións... Disfrutádeo!

CÓMICS de RENATA E BELLOTERO! (Mascotas da nosa biblioteca)

Xa podedes ler aquí os cómics realizados polos alumn@s de 1º, 2º e 3º curso, e tamén o realizado por Jessica Lorenzo Santiago, de 2º curso, que foi premiada pola súa iniciativa persoal creando un estupendo cómic sen axuda de ninguén.


Powered by Drupal - Design by artinet