Música

ENTROIDO 2019-20 "Un Entroido de Cine"

Este ano adicamos o Entroido ao cine infantil, baixo o título "Un Entroido de Cine", e a verdade é que todo saiu "de cine"!

UN ENTROIDO DE CINE

PROXECTO: "OS SUPERHEROES"

Este ano realizamos un proxecto centrado nos Superheroes:

- no Entroido viñemos disfrazados de superheroes inventados ou coñecidos.

- realizamos o I Concurso "Deseña o teu Superheroe"

Banda - Star Wars


1:56 minutes (19.49 MB)

VIDEOCLIP "Somos os Científicos"

Despois de disfrutar coas actividades realizadas durante a Semana da Ciencia, collemos forzas para seguir afondando na ciencia o próximo curso. Este ano, entre outros traballos, realizamos un estupendo VIDEOCLIP sobre os científicos!

Xa podedes ver o resultado deste traballo audiovisual realizado polos alumnos de 6º curso (2015-16).

LETRAS GALEGAS 2015-16

Para a homenaxe ao poeta lucense Manuel María fixemos un mural con traballos sobre as poesías dos "Soños na Gaiola".

Ese mural foi un fondo perfecto para as actuacións musicais e a lectura de poemas que fixemos na memoria deste gran poeta.

Aquí podedes ver un resumo das actuacións musicais:

 

ENTROIDO 2015-16 "Danzas do Mundo"

Bailes do Entroido "Danzas do Mundo":

Este ano adicamos o Entroido ás diferentes danzas do mundo, de distintos lugares ou épocas.

Preparamos uns bailes moi divertidos para lucir ben os disfraces que estaban fermosísimos!

Que ben saíron os bailes, como sempre, o día da da actuación damos o mellor de nós!

Aquí podedes ver os bailes dos seis cursos:

 

THE STARS (grupo escolar rock-pop)

Xa podemos ver a primeira actuación en público deste estupendo grupo musical creado por alumnos do cole, ensaiando nos recreos... 

Con motivo da celebración do Día da Paz neste curso 2015-2016, The Stars interpretan "No Dudaría" de Antonio Flores:

Proxecto MÓVETE +

 

Axúdanos a gravar o noso vídeo de "Mallando"... Os pais, nais, avós... que queirades estades invitados a pasar polo cole o martes 9 de xuño, ás 11:00 h., para bailar todos xuntos esta canción. Practica os pasos de baile co video dos panadeiros:

Powered by Drupal - Design by artinet