Educación física

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS. XOGADE 2015/16

      Un ano máis, participamos na carreira de Campo a Través do Deporte Escolar celebrada en Negreira.

      Preto de 1000 participantes e 12 colexios démonos cita no circuito da localidade nicrariense. O resultado non puido ser mellor: actividade física, esforzo, compañerismo e moita diversión. Ata nos trouxemos dúas medallas na categoría alevín femenino.

 

Proxecto MÓVETE +

 

Axúdanos a gravar o noso vídeo de "Mallando"... Os pais, nais, avós... que queirades estades invitados a pasar polo cole o martes 9 de xuño, ás 11:00 h., para bailar todos xuntos esta canción. Practica os pasos de baile co video dos panadeiros:

Campo a través Negreira 2014

Un ano máis fomos invitados a carreira escolar máis importante de Galicia, a que organiza a ADE Escolarix xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte.

Preto de 1000 nenos/as tomaron parte o mércores 03 de decembro, en Negreira, dunha proba cun nivel moi esixente e na que participaron 12 colexios.

Os nosos nenos/as pasárono en grande , xa que o tempo acompañou e non nos choveu nada. Ademáis, este ano trouxémonos dúas medallas en categoría benxamín femenino.

COMEZOU O TORNEO DE NADAL DE BÁDMINTON

Neste mes de decembro, os alumnos/as de 5º e 6º comezaron o torneo de Nadal de bádminton do colexio.

Teñen competición tanto individual como por parellas, na que o importante é esforzarse ao máximo e pasalo ben.

Moito ánimo e sorte para todos/as!!!!!

ENTROIDO deportista 2012-13

O venres 8 de febreiro celebramos o Entroido co tema dos DEPORTES:

1º Natación, 2º Esgrima, 3º Tenis, 4º Atletismo, 5º Rugby americano e 6º Fútbol

Xa levabamos toda a semana poñendo as Mandas do Antroidiño, que é moi pillo...

Natacion 1º

Máis fotos na galería.

NADAL no colexio de Baño... con CIRCO de malabares!

Antes das vacacións de Nadal fumos todos ao cole de Baño para volver a ver aos nosos amigos deste cole.

Primeiro vimos un fabuloso espectáculo de circo (algúns esperaban ver tigres e paiasos...), e despois viñeron os Reis Magos!

A carta aos Reis démosllela a un Paxe Real para que chegara a Oriente sen problemas.

Carreira de Campo a Través en Negreira (2011-12)

Os peques da carreira

Unha bonita experiencia na que puidemos coñecer nenos de outros coles, facer deporte, ganar algunha medalla, e pasalo bomba!  Máis fotos na galería...

BLOG de Educación Física

Auqí podes facer comentarios, opinar sobre o deporte...

Pincha no debuxo para entrar!

www.blogoteca.com/educacionfisicaferrocouselo

Powered by Drupal - Design by artinet