Actividades

Reunión cos pais e nais

Este martes 30 de setembro teremos no colexio a reunión cos pais e nais dos alumnos/as. Nunha primeira instancia reunirémonos na biblioteca, onde o director exporá aspectos xerais deste curso para todos/as. Despois, cada un terá unha reunión co titor/a dos seus fillos/as na aula correspondente.

Na medida do posible, pedímosvos que acudades sen nenos/as.

LETRAS GALEGAS 2014

Para a semana das Letras Galegas temos preparadas un montón de actividades:

O martes participaremos na Carreira pola Lingua no Ies de Valga.

O mércores visitará o colexio Marta Ortiz, co seu espectáculo de contacontos "Cores".

O xoves visitaremos o Auditorio de Valga para participar nos concertos didácticos organizados pola Banda de música municipal.

ALMORZOS SAUDABLES de Marzo 2012-13

Antes da Semana Santa realizamos outras 3 xornadas de ALMORZOS NA ESCOLA para aprender

como debe ser un almorzo SAUDABLE que nos proporciona a enrxía necesaria para traballar mellor!

Lembramos:

- é moi importante almorzar TODOS OS DÍAS.

- debemos almorzar TODOS XUNTOS.

- hai moitas formas de poñer LÁCTEOS, FROITA e CEREAIS.

Día da BICICLETA 12-13

Este ano saímos a encher os pulmóns de aire puro, co noso casco,

chaleco refrectante, auga... e moitas ganas de facer deporte e pasalo ben!

Dimos unha boa volta pola zona, dende Valga ata Vilarello, e chegamos... como puidemos!

ALMORZOS SAUDABLES

Xa volveron as xornadas de almorzos saudables!

Nestes almorzos do primeiro trimestre puidemos coñecer

as vantaxes de tomar un almorzo composto por:

leite, croissant, torrada con manteiga e marmelada e froita!

Powered by Drupal - Design by artinet