Blogues

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018/19

Acaba de sair publicada no DOGA a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

 

CHARLA COLOQUIO SOBRE CIBERACOSO

Este xoves 10 de maio terá lugar no centro unha charla coloquio sobre ciberacoso: novas tecnoloxías e internet. Será impartida por David Cereijo Graña, cooperante do Instituto Nacional de Ciberseguridade.

Avaliación individualizada de 3º de primaria

No seguinte enlace poderedes acceder á Resolución do 10 de abril de 2018, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de galicia para o curso 2017/18.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24784

Proceso de admisión para o curso 2018/19

Aquí poderedes consultar toda a información relacionada con este proceso. Iranse añadindo as diferentes listaxes do proceso.

 

As solicitudes tamén as podedes descargar desde aquí: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

Se tedes calquera dúbida podedes pedir información no centro, tanto presencial como telefónicamente.

RESULTADOS DA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS. XOGADE 2017

No arquivo adxunto tedes os resultados das carreiras das diferentes categorías.

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS. XOGADE 2017

Circuito

Este xoves 16 de novembro imos participar na fase zonal de campo a través do programa Xogade de deporte en idade escolar. Organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación Terras do Ulla - Umia, este curso celébrase en Catoira.

Desde as 10:30 h da mañán, correremos nun circuito situado enfrente das instalacións do clube de piragüismo.

VISITA DE AILINA DA MARTA

Tivemos unha visita moi especial no colexio. Ailina da Marta é unha topógrafa mozambiqueña invitada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade para coñecer as infraestruturas do noso pais.

AVISO IMPORTANTE: RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAÍDA DOS ALUMNOS/AS ESCOLARIZADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS

 Segundo instrución conxunta 9/2017 sa Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída dos alumnos/as escolarizados nos centros educativos públicos da comunidade autónoma galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

LISTADO DEFINITIVO DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2017/18

No arquivo adxunto poderedes consultar o listado definitivo do fondo de libros do centro para o curso 2017/18. Nel aparecen os libros que o centro lle vai a dar a cada alumno/a.

Powered by Drupal - Design by artinet